lunes, 28 de febrero de 2011

Voltereta cara atrás

Aquí temos un vídeo e unha secuencia de cómo debemos de realizar a voltereta cara atrás.





Outra secuencia metodolóxica máis pormenorizada:



viernes, 18 de febrero de 2011

Voltereta cara adiante

Aquí tedes un video explicativo de cómo se debe de realizar unha voltereta cara adiante.





E a continuación unha correcta execución da voltereta cara adiante:






Para rematar, unha imaxe con todo o proceso:


martes, 15 de febrero de 2011

Exercicios para un bo quencemento

Como tod@s sabedes, dende principio de curso levamos a cabo ao comezo das nosas clases unha serie de exercicios para unha mellor adaptación aos posteriores exercicios, xogos e tarefas que vaiamos a realizar. A este conxunto de exercicios previos chamámolo quencemento, e ten unha serie de vantaxes:

  • Evitar lesións no aparato locomotor (esquinces, roturas de fibras, contracturas).
  • O corpo e sobre todo, o aparato cardiorrespiratorio adáptase mellor aos esforzos intensos posteriores.
  • Mellora o rendemento.
  • Mellora a concentración e a motivación.

Aquí tedes o quencemento completo que realizamos en cada clase.
Lembrade facelo sempre que fagades calqueira actividade física moderada.

Quencemento

domingo, 13 de febrero de 2011

Claves para entender mellor o Rugby

No diario deportivo Marca, con motivo do torneo "VI  nacións", explícanse con gráficos, as sedes, as formacións e as principais normas do rugby.
Aquí tedes o enlace para coñecer un pouquiño máis este apasionante deporte:

http://www.marca.com/2011/02/11/multimedia/graficos/1297456811.html

sábado, 5 de febrero de 2011

Noraboa!!!Un terceiro posto que abre o camiño...

A selección española de Balonmán proclamouse terceira no mundial disputado en Suecia neste mes de Xaneiro.

A selección chegaba con dúbidas a esta competición xa que, o adestrador Valero Rivera introducira un relevo xeneracíonal na selección, co cal, novos xogadores sen apenas experiecia tiñan que demostrar a súa valía en dita competición, e vaia se a demostraron!!!

No partido polo 3º e 4º posto, España gañoulle a anfitriona Suecia por 24-23. Aquí temos un amplo resumo.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Xogos na Neve

O xoves 27 de Xaneiro aproveitamos a meteoroloxía para realizar con 5º de Primaria, unha sesión de Educación Física coa neve que había nos arredores do colexio.

Neste entorno idílico, tratamos de traballar os deslizamentos, o equilibrio, a cooperación grupal, e o desenvolvemento da manipulación, dos lanzamentos e recepcións con bolas de neve.

Despois da movilidade articular, cada grupo colleu unha bolsa de basura e deslizáronse, costa abaixo, cara a pista polideportiva.
Cada alumn@ individualmente deslizábase sentado na bolsa, mentras o resto do grupo axuda a favorecer o desprazamento.



Logo, fan o mesmo pero por parellas.


Para rematar cos deslizamentos, desprazáronse de pé na bolsa coma se fose un monopatín (aínda que xa nos quedaba pouca neve).


Comezando cos lanzamentos, primeiro fixeron unha bola de neve e entre os membros do grupo experimentaron pases, tratando de dar o maior número de pases antes de que a bola se desfixera.




Xa se facía esperar a “Guerra de Bolas”, cada grupo lanzou bolas tratando de darlle ao outro equipo.

Para finalizar, competición entre os dous anteriores equipos que tiñan o reto de elaborar o boneco de neve máis grande en menos de 3 minutos.

 
Gifs animados