jueves, 21 de abril de 2011

Participamos no V Premio Espiral de Edublogs

Este blog vai a participar neste prestixioso Premio Espiral de Edublog na categoría de Blogs de Profesores, xa que, no deporte coma neste tipo de concursos, o importante non é gañar senon participar, desexámoslles a todos os blogs moita sorte e agradecemos a asociación Espiral e a EducaRed a nosa participación e o seu interese en potenciar as novas tecnoloxías.

Para máis información clicade na imaxe:


E aquí un vídeo de presentación:

martes, 19 de abril de 2011

Próximamente...para 3º ciclo...O acrosport: equilibrio e cooperación

Nas vindeiras datas, cando rematemos co baloncesto, comezaremos cun deporte que nunca practicáchedes e co cal vos vades a divertir moito ao tempo que aprendedes a controlar e equilibrar o voso corpo, o Acrosport. Para que vos vaiades introducindo, déixovos estes vídeos:

  • O primeiro é sobre a elaboración das figuras en función do número de persoas que sexamos (temos que valorar tamén a importancia do papel que desenvolve o axudante (helper) na elaboración de figuras). Cabe destacar os roles básicos que debe ter cada figura:
*O portor (base or lifter in english): como o seu propio nome indica é a persoa encargada de facer de base, empregando o seu compo como soporte.

*O áxil (agile, top or acrobat in english): son os que crean os elementos máis complicados e creativos mantendo o equilibrio e trepando ata as zonas máis altas da figura ou pirámide.

*O axudante (helper in english): son os encargados en certa medida da montaxe da figura e sobre todo de que cada movemento se faga coa maior seguridade e eficacia posible.



  • Tamén vos deixo estes vídeos sobre unha competición oficial, xa que o Acrosport é un deporte federado. Ademais das competicións por parellas femininas e masculinas, existen outras tres modalidades:
*Parellas mixtas:



*Tríos femininos:



*Cuartetos masculinos:

viernes, 15 de abril de 2011

Ficha dos xogos populares e tradicionais galegos

Como parte do traballo da unidade didáctica adicada a 2º Ciclo: "Os xogos dos meus avós e avoas" cada alumn@ deberá completar a ficha que xa foi entregada.

Por se alguén a perdeu ou prefire volver a realizala de novo, adxúntovos a ficha, para que a poidades descargar ou imprimir. Con eles faremos un recopilatorio de xogos populares e tradicionais que se practicaban na zona de Trives e que posteriormente colgaremos neste blog.

Lembrádevos de pintar os debuxos para que queden máis bonitos.

Ficha de Xogos Populares Galegos

sábado, 2 de abril de 2011

Lanzamento de frisbee (Ultimate)

Primeiro comezaremos coas 3 formas de lanzamento máis comúns, Backhand, Forehand e Hammer:



Hai unha chea de xeitos de lanzar específicamente para cada momento do xogo, aquí temos uns cantos:

viernes, 1 de abril de 2011

Coñecemos o Ultimate

O Ultimate é un DEPORTE SEN ÁRBITRO que se realiza con disco voador e trátase de chegar mediante pases a área rival.
Para ter máis información sobre este trepidante deporte podes clicar na imaxe inferior:






Aquí tendes un vídeo explicativo de cómo xogar ao Ultimate Frisbee coas súas normas e xestos técnicos básicos.


E por último, varias xogadas e tantos de Ultimate:


 
Gifs animados