lunes, 31 de diciembre de 2012

O balonmán: aspectos máis específicos

Entre a diversidade de aspectos específicos do balonmán vamos a mencionar:

realización dunha boa defensa, capacidades que debemos de ter en cada posición do campo, as características do porteiro, cómo tirar un penalti, xogadas onde se traballan habilidades moi específicas (fintas con salto, bote....) e por último, veremos un par de vídeos sobre exemplos de exercicios para mellorar as nosas habilidades no balonmán e un partido completo da selección española.

1-como podemos realizar unha boa defensa?onde podemos colocar os brazos?:



2-que capacidades debemos de ter en función do posto que ocupamos no campo?(non vos soa ao que falamos no primeiro trimestre das Capacidades Físicas Básicas: Resistencia, velocidade, forza e flexibilidade?):



 3- características que debe ter un porteiro en balonmán:



4- como tirar un penalti? (lembrádevos de que tendes 3 segundos para lanzar e que o porteiro se pode achegar dende a portería ata 4 metros máis para dificultarvos o lanzamento.) :



5- xogadas de balonmán con habilidades específicas:




6- actividades coas que podemos mellorar as nosas habilidades no balonmán, e polo tanto, a coordinación óculo manual:




                                                                                                                                                                                                                         7- por último, clicando neste enlace poderemos ver un partido da selección española de balonmán e na mesma páxina haberá moitos partidos máis para visualizar cando queirades:


 Mundial de Balonmán Suecia 2011: España -Alemaña - 17/01/11

O balonmán: habilidades técnicas

Nesta entrada pretendemos facer fincapé nas habilidades técnicas básicas do balonmán que son:
 o bote de balón, o pase e recepción e o lanzamento a portería.
Estas habilidades son fundamentais para un correcto desempeño deste deporte, xa que, sen unha destreza mínima de cada unha delas, dificilmente poderemos levar a cabo un partido de balonmán.

  • Comezamos cun vídeo sobre as posibilidades do bote en balonmán, na clase mencionamos que:
  1.  deberiamos de botar a altura da cintura e, 
  2. que trataremos de levantar a vista mentras botamos para saber onde están @s compañeir@s e @s rivais:


  • Agora centrarémonos nos pases e recepcións, como xa dixemos nas clases:
  1. sempre debemos ter como referencia a zona entre a cadeira ata o tórax para que @ compañeir@ poida recepcionar a pelota sen problemas.
  2. a forza, a precisión e o movemento d@s compañeir@s son aspectos fundamentais á hora de realizar un pase.
Vexamos agora os tipos de pases (centrámonos no pase de peito e o picado) e os erros máis comúns:






No seguinte video propoñemos consellos para unha correcta recepción:




  • E por último, os lanzamentos a portería:
1-Tipos de lanzamentos (centrámonos en lanzamento en suspensión co brazo nun ángulo de 90 graos):


              

2- Lanzamentos dende distintas posicións (lembrádevos de dar ata 3 pasos sen botar a pelota, se dades máis pasos, serían PASOS, e o balón pasa para o equipo rival):

http://youtu.be/1joPbWIa1CE 

 Con todo o que vimos nesta entrada, agora só nos queda, PRACTICALO!!!

sábado, 29 de diciembre de 2012

O Balonmán: aspectos básicos

O balonmán é un deporte colectivo de 7 contra 7, no que o seu obxectivo principar é anotar máis goles que o equipo contrario. Dado que o estamos a traballar, convén ter unhas aclaracións básicas sobre este deporte.

  • Primeiro falaremos das reglas básicas:


  • Logo do material que debemos empregar: 


  • Como debemos colocarnos no campo? aquí explicaranse as formacións básicas do balonmán. aínda que a máis empregada é a 5-1



Esta imaxe pode axudarnos a comprender o esquema táctico e ademáis a coñecer cada unha das posicións que podemos ocupar no campo, se queredes clicade para facela máis grande:


  • Para comprender mellor este deporte, tamén falaremos da norma do pasivo, que se basa que o equipo que ten a posesión de balón e co cal, está atacando, ten que tratar de lanzar a portería contraria e non só manter a posesión da pelota: 



Para rematar con esta entrada, podemos dicir, que hoxe en día, existen adaptacións ao propio deporte:

  • o Balonmán Praia ou Beach Handball: 


  • e o Balonmán sobre rodas ou Wheelchair Handball :




Para saber máis información sobre o balonmán podedes clicar na seguinte figura:

 
Gifs animados