viernes, 26 de agosto de 2011

Os Xogos Olímpicos Modernos

Dende que no ano 393 o emperador Teodosio aboliu os Xogos por consideralos paganos ata  hai pouco máis de 100 anos, as Olimpíadas deixaron de existir. Foi grazas ao que hoxe en día é considerado o pai das Olimpíadas modernas, o Barón Pier de Coubertin , que restableceu os Xogos en Atenas en 1896 e de esta data ata a actualidade.

  • Aquí observaremos a evolución das Olimpíadas dende o 1896 ata a actualidade e a súa repercusión social, que non en todos os casos é boa:


  • Este vídeo é un resumo de cada das 29 edicións dos Xogos Olímpicos Modernos, que como antano, se realizan cada 4 anos:


     
  •   Para finalizar, afondaremos na vida do refundador dos Xogos:


Para saber máis sobre os Xogos Olímpicos Modernos preme na imaxe inferior, que o símbolo dos Xogos Olímpicos celebrados en Barcelona no 92 e ata o de agora, os únicos celebrados en España:

Os Xogos Olímpicos Antigos

Con motivo das Olimpíadas en Londres no 2012, achegarémonos a este gran evento. Neste artigo pretendemos coñecer cando, cómo e onde naceron as Olimpíadas.
Cabe destacar que os Xogos Olímpicos antigos comezaron no 776 a.C., no que só participaban homes de Grecia que sabían falar o grego e este evento realizábase cada 4 anos (coma na actualidade) e o lugar da celebración era Olimpia, polo cal se pode deducir de onde ven o nome de Olimpiadas, verdade?

  • Neste primeiro video expoñerase a súa historia:




  • No segundo, céntrase en onde e cales eran as probas a realizar e por último cítanse os primeiros grandes gañadores da competición que eran considerados heroes no pobo grego.



Para máis información podedes clicar na imaxe inferior, que é o Gymnasium, unha das sedes dos Xogos Olímpicos en Olimpia:




jueves, 25 de agosto de 2011

Atletismo: O salto de altura

 Dentro do atletismo, existe unha modalidade chamada salto de altura, pero primeiro:

  • ¿que é o salto de altura? vexamos este vídeo:



  • Agora que xa o identificamos, vamos a coñecer a súa historia:




  • O salto de altura foi evolucionando ao longo do tempo. Neste seguinte video demóstrase a súa progresión na técnica, dende os seus comezos onde se realizaba a técnica de salto "high jump" ata que en 1968,  Dick Fosbury se atreveu a saltar de espaldas coa técnica que leva o seu nome "salto Fosbury" que aínda é empregada na actualidade e coa que se acadaron as maiores marcas nesta especialidade deportiva:



  • Agora centrarémonos na iniciación á didáctica da súa técnica, polo tanto temos que falar de que o salto de altura ten 4 fases diferenciadas: a fase de carreira de impulso, o despegue, fase aérea e a caída.Observade:



  • A continuación mostraremos unha serie de exercicios de familiarización e asimilación con cada unha destas partes, que realizaremos probablemente nas nosas clases:
  1. Asimilación da carreira de impulso:
  2.  Exercicios para a asimilación do despegue e con xiro:
  3. Asimilación da fase aérea:
  4. Familiarización coa fase de caída:

 
Gifs animados