domingo, 18 de marzo de 2012

Carolina Rodríguez: exemplo de superación e expresividade na Ximnasia Rítmica

Este pequeno documental extraído de Informe Robinson cóntanos a historia de Carolina Rodríguez, unha deportista adicada á Ximnasia Rítmica.
Co seu esforzo e espírito de superación e moi a pesar das precariedades (lesións, instalacións de adestramento...), esta rapaza quere acadar o soño de participar nos Xogos Olímpicos de Londres con 25 anos, algo impensable para esta disciplina deportiva.
Debemos tomar exemplo de ela, xa que ao ser filla de pais xordos sempre tivo que ser moi expresiva para comunicarse con eles, esta expresividade convertiuse nun don para ela, debido a que é unha cualidade fundamental para ser unha boa ximnasta rítmica. É dicir, convertiu un problema nunha gran solución.

Chegará a conseguilo?só tedes que ver este vídeo para sabelo:



 
Gifs animados