domingo, 18 de febrero de 2018

Relatorios sobre alimentación e saúde

Na era na que vivimos da información ao instante e a innovación en todos os eidos, é posible que poidamos alimentarnos peor que os nosos antepasados?

Aquí vos mostramos unha serie de relatorios de TED Talks nos que analizan estas e outras cuestións (coma o marketing na alimentación ou a compatibilidade dos produtos que se ofertan nos supermercados coa nosa demanda natural de nutrientes), que dan para innumerables discusións e charlas pero agardo, que tamén sexan un punto de partida para o cambio de mentalidade con respecto e unha visión máis crítica cara a alimentación, hábitos saudables...




jueves, 15 de febrero de 2018

O Datchball

Este deporte podémoslle atopar semellanzas co Brilé pero realmente como podemos ver no vindeiro vídeo-tutorial, aínda que o obxectivo final sexa o mesmo, o xeito de chegar a unha partida eliminando opoñentes cambia substancialmente:




Realmente, como poidéchedes ver no vídeo é unha adaptación realizada polo mestre de EF Roberto Navarro, dun deporte moi practicado en Norte América chamado Dodgeball, vexamos cómo se xoga e analicemos as principais diferenzas:





Falemos agora de novo do Datchball e do seu sistema de puntuación:




Tamén existen posibilidades de facelo ao aire libre, concretamente neste caso, na praia, no que hai que ter moito en conta a velocidade de reacción para esquivar a pelota cando toca a area:




Se queredes adestrar e tomarvos máis en serio este deporte, aquí tendes unha serie de sesións que vos poden axudar a mellorar na práctica de xeito moi notable, premede na imaxe inferior:




jueves, 8 de febrero de 2018

Touch Rugby Training

Nesta serie de videos imos ver distintas actividades moi aplicables para as nosas clases. Como non imos ter tempo de facelas na clase, podedes intertar facelas na casa.






 Como moitas das habilidades do rugby son moi aproveitables para o Touch Rugby, tamén podedes ver esta lista de reproducción (premedes en reproducir todo e cando remata un vídeo debería comezar o seguinte) onde vai facendo unha progresión de actividades, integrando máis participantes e actividades máis complexas de cada vez. Premede na imaxe para velos:


 
Gifs animados