sábado, 25 de diciembre de 2010

Traballa e esfórzate, con humildade e respeto

Tres iconos españois, Pau Gasol, Rafa Nadal e Andrés Iniesta, móstrannos os derradeiros éxitos dos deportistas españois tratando de inculcar valores como o esforzo, a humildade e o respeto, fundamentais para calqueira persoa e deportista.

Seguramente, estes valores teñan gran parte de "culpa" de que estes tres deportistas chegaran a élite nos seus respectivos deportes.

Iniciación ao Bádminton

Con estes 5 vídeos que vamos a presentar, mostrarei os aspectos básicos do Bádminton dun xeito moi didáctico e visual.

  • No primeiro deles, explícase o equipamento básico (raqueta e volante), dimensións do terreo de xogo e a puntuación.



  • O segundo apórtanos cal é o xeito apropiado de agarrar a raqueta e como nos debemos posicionar e movernos polo campo de xogo.



  • No terceiro, coñeceremos visualmente como se realiza un saque e cales son os principais golpeos (clear, drop, lob, drop net, smach) e as súas finalidades (ofensiva e/ou defensiva).



  • No cuarto observamos as conductas a seguir para realizar un bo golpeo.




  • Con esto agora so queda, PRACTICALO! pois entón, vexamos un partido de Bádminton, correspondente á final do Open de Xapón no 2010 no que se enfrontaron Lee Chong Wei e Lin Dan.

viernes, 24 de diciembre de 2010

Móvete e xoga, é bo para o teu cerebro!

Do programa Redes, na 2 de TVE, rescatamos este documental de interesantísimo labor pedagóxico e informativo.
Antes de nada, dicir que me gustaría que viran este vídeo todas aquelas persoas que consideran a Educación Física en Primaria unha materia sen importancia e que non axuda ao desenvolvemento integral d@ alumn@.

Ata agora sabiamos que, o exercicio físico e o deporte realizados dun xeito continuo e regular, tiña moitos beneficios no noso organismo como: mellorar a condición física, prever enfermidades cardíacas ou sentirse mellor anímicamente.

Prestixiosos científicos como Fernando Gómez-Pinilla, poden demostrar na actualidade que ademáis dos beneficios anteriormente citados, o exercicio físico é tamén un escudo de protección do noso cerebro e un estimulador do aprendizaxe e a memoria.

Ou sexa que xa sabes, corre, brinca e xoga, é bo para o teu cerebro e as túas neuronas, eso sí, todo acompañado por unha dieta saudable.

Outra conclusión que sacamos é que o sedentarismo atrófianos, tanto a nivel cognitívo, psicomotriz, social e afectivo.

Clicando aquí abaixo podedes ver o documental enteiro:

jueves, 23 de diciembre de 2010

Consellos para ser feliz no 2011

Coa chegada do novo ano 2011 todo o mundo ten centos de propósitos, todos eles tentando acadar ser mellores persoas do que somos.

Pois aquí, ademáis de para que este blog respire positivismo por todos os lados, ofrézovos unha serie de consellos, neste video, para facer que tanto este ano coma todos os vindeiros sexan inolvidables e apasionantes e polo tanto felices.


 
Gifs animados