lunes, 6 de abril de 2015

Apps sobre a actividade física

Grazas ao curso que estou a realizar "as TIC na Educación Física 2015" quero mostrarvos algunha das app para android coas que podemos distintos tipos de exercicios. Comezamos a analizalos:

  • 7 Minute Workout:  App básica que consta de 12 exercicios, 7 minutos e como materiais precisades unha parede, unha silla e o teu propio corpo. Pódese configurar para facer máis repeticións, ter máis tempo de descanso ou facer que a conta atrás entre un e outro exercicios sexa menor ou maior.
  • Sworkit Lite Entrenador: App moi completa cunha infinidade de exercicios divididos en 4 modalidades: Forza, Ioga, Aeróbico e Estiramentos e que se mostran con vídeos ao tempo que se realiza a actividade. As rutinas son totalmente configurables en tempos de execución e en total de actividade, zonas corporais, e unha vantaxe a destacar é que non se precisa ningún tipo de material para a súa execución.
  •  Gym: Ejercicios & Rutinas: App deseñada para planificar os teus adestramentos de ximnasio a través de 25 rutinas. É moi didáctico á hora de explicar que músculos se traballan en cada exercicio a través de imaxes, animacións e vídeos. Tamén deixa anotar as túas experiencias en cada exercicio.
Ata aquí a análise, espero próximamente facer o mesmo con aplicacións referentes á "Educación para a Saúde".


sábado, 4 de abril de 2015

Aparecemos no repositorio de Abalar

Dende xa hai unha tempada debido a un curso que realicei sobre Ardora, un programa capaz de deseñar unha enorme cantidade de actividades didácticas, @s titores decidiron poñer esos recursos en Abalar.

Tamén os podedes ver á vosa dereita estes recursos por separado con so clicar neles!

Clicade na seguinte ligazón para acceder aos meus recursos en Abalar:


http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/aprendemos-educacion-fisica-xogando
 
Gifs animados