domingo, 18 de marzo de 2012

Carolina Rodríguez: exemplo de superación e expresividade na Ximnasia Rítmica

Este pequeno documental extraído de Informe Robinson cóntanos a historia de Carolina Rodríguez, unha deportista adicada á Ximnasia Rítmica.
Co seu esforzo e espírito de superación e moi a pesar das precariedades (lesións, instalacións de adestramento...), esta rapaza quere acadar o soño de participar nos Xogos Olímpicos de Londres con 25 anos, algo impensable para esta disciplina deportiva.
Debemos tomar exemplo de ela, xa que ao ser filla de pais xordos sempre tivo que ser moi expresiva para comunicarse con eles, esta expresividade convertiuse nun don para ela, debido a que é unha cualidade fundamental para ser unha boa ximnasta rítmica. É dicir, convertiu un problema nunha gran solución.

Chegará a conseguilo?só tedes que ver este vídeo para sabelo:



lunes, 31 de octubre de 2011

Atletismo: o lanzamento de disco

Esta modalidade do atletismo básase en lanzar o disco o máis lonxe posible. Primeiramente observaremos os seus comezos, é dicir, a súa historia:



  • Con respecto á técnica de lanzamento, podemos dicir que existen 4 fases diferenciadas (aínda que nós, para un mellor aprendizaxe, só realizaremos 3 fases):



1. Agarre e posición inicial:




2. Xiro ou paso sprint (este non o realizaremos):


3. Final


4. Recuperación



  • Algúns dos exercicios que realizaremos nas nosas clases están principalmente encamiñados a mellorar o agarre do disco a o propio patrón de lanzamento:




miércoles, 26 de octubre de 2011

Atletismo: o lanzamento de peso

O lanzamento de peso é unha das disciplinas do atletismo. Cabe mencionar que, nos países sudamericanos ao que nos referimos co lanzamento de peso eles chámanlle lanzamento de bala. Para saber un pouquiño sobre a súa historia podemos ver este pequeno vídeo:



Agora centrarémonos na súa técnica:

1 - Introducción á técnica, na que podemos distiguir entre a técnica rectilínea de O'Brien (que vai a ser a que trataremos de experimentar nós) ou a circular.



2 - Tamén temos dous tipos distintos de agarre do peso.



3 - As fases do lanzamento son básicamente 4: posición inicial, deslizamento, esforzo final e recuperación.



4 - Aquí temos unha breve explicación de cada unha destas accións, tendo en conta o lanzamento rectilíneo de O'Brien.

Posición inicial


Deslizamento ou desprazamento


Esforzo final


Recuperación ou fase final



5 - Por último,veremos algúns exercicios que podemos realizar para mellorar nesta especialidade.

Agarre da bola


Familiarización co desprazamento


Familiarización co esforzo final




Podemos repasar o aprendido clicando nesta ligazón: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~cepco3/escuelatic2.0/MATERIAL/FLASH/Ed.%20F%C3%ADsica/8/Lanzamiento%20de%20Peso.swf


Visto todo esto, agora só queda practicalo!!!

viernes, 26 de agosto de 2011

Os Xogos Olímpicos Modernos

Dende que no ano 393 o emperador Teodosio aboliu os Xogos por consideralos paganos ata  hai pouco máis de 100 anos, as Olimpíadas deixaron de existir. Foi grazas ao que hoxe en día é considerado o pai das Olimpíadas modernas, o Barón Pier de Coubertin , que restableceu os Xogos en Atenas en 1896 e de esta data ata a actualidade.

  • Aquí observaremos a evolución das Olimpíadas dende o 1896 ata a actualidade e a súa repercusión social, que non en todos os casos é boa:


  • Este vídeo é un resumo de cada das 29 edicións dos Xogos Olímpicos Modernos, que como antano, se realizan cada 4 anos:


     
  •   Para finalizar, afondaremos na vida do refundador dos Xogos:


Para saber máis sobre os Xogos Olímpicos Modernos preme na imaxe inferior, que o símbolo dos Xogos Olímpicos celebrados en Barcelona no 92 e ata o de agora, os únicos celebrados en España:

Os Xogos Olímpicos Antigos

Con motivo das Olimpíadas en Londres no 2012, achegarémonos a este gran evento. Neste artigo pretendemos coñecer cando, cómo e onde naceron as Olimpíadas.
Cabe destacar que os Xogos Olímpicos antigos comezaron no 776 a.C., no que só participaban homes de Grecia que sabían falar o grego e este evento realizábase cada 4 anos (coma na actualidade) e o lugar da celebración era Olimpia, polo cal se pode deducir de onde ven o nome de Olimpiadas, verdade?

  • Neste primeiro video expoñerase a súa historia:




  • No segundo, céntrase en onde e cales eran as probas a realizar e por último cítanse os primeiros grandes gañadores da competición que eran considerados heroes no pobo grego.



Para máis información podedes clicar na imaxe inferior, que é o Gymnasium, unha das sedes dos Xogos Olímpicos en Olimpia:




jueves, 25 de agosto de 2011

Atletismo: O salto de altura

 Dentro do atletismo, existe unha modalidade chamada salto de altura, pero primeiro:

  • ¿que é o salto de altura? vexamos este vídeo:



  • Agora que xa o identificamos, vamos a coñecer a súa historia:




  • O salto de altura foi evolucionando ao longo do tempo. Neste seguinte video demóstrase a súa progresión na técnica, dende os seus comezos onde se realizaba a técnica de salto "high jump" ata que en 1968,  Dick Fosbury se atreveu a saltar de espaldas coa técnica que leva o seu nome "salto Fosbury" que aínda é empregada na actualidade e coa que se acadaron as maiores marcas nesta especialidade deportiva:



  • Agora centrarémonos na iniciación á didáctica da súa técnica, polo tanto temos que falar de que o salto de altura ten 4 fases diferenciadas: a fase de carreira de impulso, o despegue, fase aérea e a caída.Observade:



  • A continuación mostraremos unha serie de exercicios de familiarización e asimilación con cada unha destas partes, que realizaremos probablemente nas nosas clases:
  1. Asimilación da carreira de impulso:
  2.  Exercicios para a asimilación do despegue e con xiro:
  3. Asimilación da fase aérea:
  4. Familiarización coa fase de caída:

miércoles, 18 de mayo de 2011

A canción do... Tallarín

En 2º Ciclo estamos a traballar a expresión corporal a través da Unidade didáctica: "Ao son da música". Unha das cancións mnotrices coa que vamos a xogar é a do Tallarín.

Aínda que esta non é a orixinal que vamos a cantar nós, sí que é moi parecida, polo tanto, podemos aprender a letra e o ritmo dela. Disfrutadea!

Aquí tendes a letra que vamos a cantar:

"Yo tengo ...,
Un tallarín, un tallarín
que se mueve por aquí
que se mueve por allá
todo rebozado
con un chorro de aceite
con un poco de sal
Y te lo comes tú,
y sales a bailar"

A continuación o vídeo:

 
Gifs animados