viernes, 24 de diciembre de 2010

Móvete e xoga, é bo para o teu cerebro!

Do programa Redes, na 2 de TVE, rescatamos este documental de interesantísimo labor pedagóxico e informativo.
Antes de nada, dicir que me gustaría que viran este vídeo todas aquelas persoas que consideran a Educación Física en Primaria unha materia sen importancia e que non axuda ao desenvolvemento integral d@ alumn@.

Ata agora sabiamos que, o exercicio físico e o deporte realizados dun xeito continuo e regular, tiña moitos beneficios no noso organismo como: mellorar a condición física, prever enfermidades cardíacas ou sentirse mellor anímicamente.

Prestixiosos científicos como Fernando Gómez-Pinilla, poden demostrar na actualidade que ademáis dos beneficios anteriormente citados, o exercicio físico é tamén un escudo de protección do noso cerebro e un estimulador do aprendizaxe e a memoria.

Ou sexa que xa sabes, corre, brinca e xoga, é bo para o teu cerebro e as túas neuronas, eso sí, todo acompañado por unha dieta saudable.

Outra conclusión que sacamos é que o sedentarismo atrófianos, tanto a nivel cognitívo, psicomotriz, social e afectivo.

Clicando aquí abaixo podedes ver o documental enteiro:

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Gifs animados