Este blog de Educación Física xurde da idea de medrar, mellorar e compartir, xa que se todos aportamos o noso graíño de area, por moi miúdo que sexa, estaremos cultivando e dignificando a pasión de cada vez máis persoas, e que tamén é a miña profesión, a Educación Física e o Deporte.
Estes tres vídeos sobre o fútbol, teñen como obxetivo coñecer as superficies básicas de golpeo para realizar pases, controis e conduccións. Decir tamén que, moitos dos golpeos visualizados nestes vídeos son válidos para o fútbol sala.
Primeiro observaremos os golpeos básicos (interior, empeine interior, empeine frontal e exterior) e as súas aplicacións no xogo.
O seguinte, partindo de exemplos, apórtanos consellos para a conducción que podemos realizar. Con elo, podemos observar conduccións clasificadas pola súa traxectoria, as superficies empregadas (exterior, interior e planta do pé) e os posibles tipos de xiros ou cambios de dirección.
Por último, explicaremos a variedade de controis de balón en función da superficie empregada.
Todos os textos, imaxes e ligazóns deste blog teñen, exclusivamente, unha intencionalidade didáctica e unha funcionalidade educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos, pode dirixirse ao administrador do blog, Alejandro (Mestre de Educación Física do centro), para solicitar a retirada do material que considere da súa propiedade intelectual. Aínda así lembramos que a maioría d@s alumn@s teñen firmada a autorización no referente á protección de datos e a prestar a súa imaxe para fins didácticos.
0 comentarios:
Publicar un comentario