Nas vindeiras datas, cando rematemos co baloncesto, comezaremos cun deporte que nunca practicáchedes e co cal vos vades a divertir moito ao tempo que aprendedes a controlar e equilibrar o voso corpo, o Acrosport. Para que vos vaiades introducindo, déixovos estes vídeos:
- O primeiro é sobre a elaboración das figuras en función do número de persoas que sexamos (temos que valorar tamén a importancia do papel que desenvolve o axudante (helper) na elaboración de figuras). Cabe destacar os roles básicos que debe ter cada figura:
*O áxil (agile, top or acrobat in english): son os que crean os elementos máis complicados e creativos mantendo o equilibrio e trepando ata as zonas máis altas da figura ou pirámide.
*O axudante (helper in english): son os encargados en certa medida da montaxe da figura e sobre todo de que cada movemento se faga coa maior seguridade e eficacia posible.
- Tamén vos deixo estes vídeos sobre unha competición oficial, xa que o Acrosport é un deporte federado. Ademais das competicións por parellas femininas e masculinas, existen outras tres modalidades:
*Tríos femininos:
*Cuartetos masculinos:
1 comentarios:
Q gwais están los vídeos algun dia me gustaría hacer eso
Publicar un comentario