Xa que para a semana é a
carreira pedestre en Sigüeiro, e moitos de vos xa me dixéchedes que estabades anotados, pretendo amosarvos unha serie de consellos para realizar dun xeito satisfactorio a carreira e sobre todo, para disfrutala. Dividirei estos consellos en antes da carreira, durante e despois da mesma.
-
O primeiro antes de nada é estar ben de saúde, e con esto referímonos a non ter ningunha lesión, doenza ou incluso enfermidade,xa que, se pretendemos realizar a carreira con algún destes problemas o único que faremos será perxudicar as nosas doenzas e polo tanto, non poderemos facer a carreira dun xeito correcto.
-
Con uns tenis (que non sexan novos, nin a estrear), un pantalón curto e unha camiseta transpirable (coma a de un equipo de fútbol, por exemplo) é suficiente para poder correr, eso sí, no quencemento recomendamos poñer unha sudadeira para poder "entrar en calor" axeitadamente. Sería importante tamén levar mudas por se suamos e temos que esperar moito tempo a entrega de premios ou fai moito frío ese día.
-Se non estades acostumados a realizar unha actividade física habitual, o lóxico sería
adestrar antes da carreira. Dependendo do tempo que teñades, o importante é practicar carreiras na que poidades manter o ritmo, unha vez identificado o voso ritmo, podedes comezar a aumentar o tempo da carreira ou ben a distancia da mesma. Non pretendades facer todo nun día,
o corpo acostúmase mellor aos esforzos cando os facemos dun xeito continuado e progresivo no tempo. Esto xa o vimos a comezo de curso nas nosas clases.
-Durante estes adestramentos recomendamos
antes, durante e despois inxerir auga nunha cantidade necesaria, sen encher o estómago.
- O DÍA DA CARREIRA E DURANTE A CARREIRA:
-Xa que é unha carreira de tarde,
é importante comer ao mediodia de xeito saudable, é dicir, aportar unha boa cantidade de nutrientes en razonables cantidades de comida; se comemos demasiado o único que conseguiremos e ter sensacións de mareo e nauseas na carreira. Un exemplo: un plato de pasta cunha pequena peituga de polo e de postre un plátano ou iogur natural, apórtanos moita enerxía (polos hidratos de carbono) e nutrientes necesarios para realizar a carreira sen problemas.
-
Realizar un quencemento semellante ao que facemos nas nosas clases, polo menos 15-20 minutos antes da carreira, non podemos comezar a correr en frío.
- Xa na carreira, o importante é participar,
o reto é rematar a carreira, non gañala. Moita xente participa e non todos poden gañala, temos que aceptalo como parte da proba.
-
Na saída non podemos saír moi forte ou rápido, senón non poderemos aguantar o ritmo, e aos 2 minutos non seremos capaces de respirar, nin continuar correndo.
Trataremos de manter o ritmo durante a carreira e se nos notamos moi cansos ou que non somos capaces de respirar axeitadamente, baixamos a intensidade e continuamos ata o final.
-Se podemos ducharnos e mudarnos de roupa mellor, pero senon
abrigarnos debidamente.
-
Estirar como fixemos na clase, unha vez recuperada a respiración normal do noso corpo, para evitar as tan temidas maniotas (agujetas en castelán).
Mirade o enlace para os estiramentos despois de correr:
http://www.foroatletismo.com/estiramientos/los-7-estiramientos-imprescindibles-despues-de-correr/