Despois do vídeo mostraranse as instruccións para a realización da tarefa e as cuestións a resolver (que as podedes descargar)
INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA TAREFA
Xa vos comentei que, a realización desta tarefa é OPCIONAL e que deberá
estar debidamente cumprimentada para que poida subir a nota da avaliación.
Os ocos deixados entre as preguntas son suficientes para a contestación das
mesmas, co cal, rógovos que sexades claros, breves e directos nas explicacións.
Para entregar o traballo elaborado ao mestre tedes 3 opcións, despois de descargalo:
1- Unha vez contestado, podedes mandalo directamente ao meu correo alexvarela@edu.xunta.es .
Cando o reciba, enviareivos un aviso de que xa está entregado. Esta é a máis recomendada, xa que non
tedes que imprimir nada, co cal, evitamos gastar papel e tinta.
2- Unha vez contestado, podedes imprimilo e darme a tarefa en man.
3- Imprimilo e logo contestalo á bolígrafo e darme
a tarefa en man.
Sen máis, déixovos as preguntas e tarefas aquí e abaixo as instruccións para descargalo, son moi sinxeliñas.
Para descargar este arquivo, só tedes que clicar nesta ligazón de abaixo, e logo, na páxina na que vos sae o arquivo dádeslle a Archivo e ahí clicades en Descargar, e xa está lista para cubrir!:
https://docs.google.com/file/d/0B7l0nay3bqVSQ0hZWEY0bGpGNzg/edit
0 comentarios:
Publicar un comentario