Hoxe traemos un recurso superdivertido para realizar actividade física dun xeito diferente e en familia. Trátase do xogo do parchís adaptado polos compañeir@s de Edufis á actividade física. As normas son as tradicionais pero, en cada casilla que caiamos,
temos que realizar o exercicio durante 15 segundos. Non é necesario imprimir nada se non queredes, xa que, as fichas e os dados pódense facer manualmente, o taboleiro de xogo pódese debuxar e o exercicio de cada casiña podedes telo descargado no móbil, tablet, ordenador....
A continuación mostramos as ligazóns para descargar o xogo e exercicios distribuídos en niveis de intensidade para escoller o nivel que máis se pareza ao voso:
O taboleiro:
https://drive.google.com/open?id=1TzxaLKGRQoO9nvLxKvKtMjz3udwzuh8x
Exercicios nivel inicial:
https://drive.google.com/open?id=1SOYYvW68SXEmemGAfMKVPW_vjJDKrDTR
Exercicios nivel intermedio:
https://drive.google.com/open?id=1zxkRUg-_oPbVqZ2cyfLbf_1R4WpmawCH
Exercicios nivel avanzado:
https://drive.google.com/open?id=10Xp33L2GvrdDIJBoW9aKqZJiqE0FBrT_