miércoles, 2 de febrero de 2011

Xogos na Neve

O xoves 27 de Xaneiro aproveitamos a meteoroloxía para realizar con 5º de Primaria, unha sesión de Educación Física coa neve que había nos arredores do colexio.

Neste entorno idílico, tratamos de traballar os deslizamentos, o equilibrio, a cooperación grupal, e o desenvolvemento da manipulación, dos lanzamentos e recepcións con bolas de neve.

Despois da movilidade articular, cada grupo colleu unha bolsa de basura e deslizáronse, costa abaixo, cara a pista polideportiva.
Cada alumn@ individualmente deslizábase sentado na bolsa, mentras o resto do grupo axuda a favorecer o desprazamento.



Logo, fan o mesmo pero por parellas.


Para rematar cos deslizamentos, desprazáronse de pé na bolsa coma se fose un monopatín (aínda que xa nos quedaba pouca neve).


Comezando cos lanzamentos, primeiro fixeron unha bola de neve e entre os membros do grupo experimentaron pases, tratando de dar o maior número de pases antes de que a bola se desfixera.




Xa se facía esperar a “Guerra de Bolas”, cada grupo lanzou bolas tratando de darlle ao outro equipo.

Para finalizar, competición entre os dous anteriores equipos que tiñan o reto de elaborar o boneco de neve máis grande en menos de 3 minutos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Gifs animados