Achegarémonos agora aos seus comezos e á súa instauración nos xogos Olímpicos:
Como xa poidemos ver no primeiro vídeo, dentro das carreiras de vallas existen as seguintes modalidades:
- 100 metros para mulleres
- 110 metros para homes
- 400 metros para os dous sexos.
Aparte dun elemento técnicos propio como o da saída de tacos (xa explicado na entrada das carreiras de velocidade), o salto das vallas e o ritmo en carreira son aspectos técnicos funtamentais neste tipo de carreiras. A continuación explicaremos como debemos de realizalos tendo en conta que, cada proba ten as súas particuliaridades:
- Para os 100 m. e 110 m., dende a saída, sóense dar 8 pasos ata a primeira valla e posteriormente 3 pasos entre cada unha delas ata chegar ao final. O salto sempre se realiza coa mesma perna de batida ou impulso.
- Para a proba de 400 m. dende a saída, danse aproximadamente 22 -24 pasos ata a primeira valla e entre valla e valla sobre 15-17, neste caso, moitos atletas debido á fatiga, realizan o salto de vallas alternando a perna de batida, polo tanto sempre darán un número par de pasos.
E por se aínda non nos quedou clara a técnica de salto de vallas, podemos observar o seguinte vídeo:
Xa por último, para familiarizarnos co ritmo de carreira e o salto das vallas poderemos realizar as seguintes tarefas:
- Estes tres primeiros exercicios tratan de mellorar o xesto técnico do salto coa perna de ataque e coa perna de batida de xeito frontal á valla:
- Tamén propoñemos actividades nas que interveñen, aínda que dun xeito máis adaptado ao noso aprendizaxe, o ritmo de carreira e salto, realizandoo pasos lateralmente:
0 comentarios:
Publicar un comentario