Coma sempre comezaremos a describir e explicar este deporte narrando a súa evolución dende a súa orixe ata os nosos días, para elo valerémonos dos seguintes vídeos:
Hay diversas probas cando estamos a falar de carreiras de velocidade. As que están oficialmente nas Olimpíadas son:
- Os 100 metros lisos: é a competición raíña e percórrense os 100 m. en liña recta ata a meta.
- Os 200 metros lisos: comézase a proba percorrendo unha curva para acabar en liña recta ata a meta.
- Os 400 metros lisos: trátase de correr unha volta enteira á pista de atletismo.
Unha vez explicado que son as carreiras de velocidade, centrarémonos nos seus aspectos técnicos básicos.
- O primeiro que resaltaremos será a saída de tacos, na que podemos observar 3 fases diferenciadas:
Aos seus postos!
Listos!
Xa! (impulso)
- Unha vez realizada a saída de tacos e a posterior aceleración, o participante terá que tratar de chegar á velocidade máxima a través dunha coordinada e ampla zancada, que consta dunha fase aérea e outra de impulso-apoio. Para mellorar na zancada en carreira poderemos realizar os seguintes exercicios:
- E xa para finalizar a carreira temos a chegada á meta, para elo, inclinaremos o noso tronco, levando os brazos cara atrás e estirando o pescozo:
Para rematar con esta explicación das carreiras de velocidade, non debemos de esquecernos de Usain Bolt, o home máis rápido do mundo que dende 2008 acadou 6 récords mundias de velocidade e esperemos que nas Olimpíadas de Londres 2012 consiga mellorar as súas marcas.
0 comentarios:
Publicar un comentario