lunes, 31 de enero de 2011

Creamos zonas de Xogos Populares

Tendo en conta o gran espazo que dispoñemos no noso colexio, dende a área de Educación Física decidiuse realizar diversas zonas de Xogo Popular co fín de que, @s nen@s, poidan realizar outras actividades distintas, das que están acostumados a facer.
Para a realización destas zonas colaboraron divers@s nen@s do colexio, a directora María, Belén (empregada do concello), substitutos como Lidia e Belén e Álex (o mestre de Educación Física).

Só nos queda agora, elaborar as fichas coas normas, materiais e demáis dos xogos e colgar estes documentos no blog.

jueves, 27 de enero de 2011

Power Point sobre o Bádminton

No grupo de traballo que realizamos no colexio sobre as novas tecnoloxías, decidimos realizar unha serie de materiais didácticos co programa Power Point.

No ámbito da Educación Física realicei un material sobre a iniciación ao Bádminton, xa que próximamente o vamos a iniciar nas nosas clases.
Ademáis de aprender todo o relacionado con este deporte tamén hai actividades para subir nota neste 2º trimestre.

Disfrutadeo e aprendede!

Badminton PPT GT

miércoles, 26 de enero de 2011

Rugby e Danza, ¿boa combinación?

Pos sí, son totalmente compatibles nun terreo de xogo, concretamente antes do comezo dos partidos de rugby, o equipo de Nova Zelanda, coñecidos como All Blacks, realizan unha danza tribal maorí chamada Haka. A continuación detallamos os datos máis relevantes da Haka.

Sinceiramente, da moito medo!!!

Haka maorí

E agora veremos 2 vídeos onde se realiza a Haka.






jueves, 20 de enero de 2011

A Revolución Educativa

Neste capítulo de Redes móstranos que, comparándonos co pasado, @s alumn@s de hoxe en día teñen outras condicións de vida. Sen embargo, para Robert Roeser, os programas educativos non se modificaron tanto e ademáis axúdanos a redefinir o papel do profesorado nestes tempos e nos vindeiros.


martes, 18 de enero de 2011

Saltar á Comba - Canción 1

Un dos proxectos propostos este ano en Educación Física, no CEIP Manuel Bermúdez Couso, é a recopilación de cancións para saltar á comba .
O obxetivo prioritario deste proxecto é que @s nen@s coñezan as diversas cancións para a comba, o xeito de saltala e lóxicamente, xogar con todas as posibilidades que nos ofrece a comba.
Como mostra esta primeira canción, proba a xogar con ela!!!

sábado, 8 de enero de 2011

Aspectos básicos do Fútbol

Estes tres vídeos sobre o fútbol, teñen como obxetivo coñecer as superficies básicas de golpeo para realizar pases, controis e conduccións. Decir tamén que, moitos dos golpeos visualizados nestes vídeos son válidos para o fútbol sala.

  • Primeiro observaremos os golpeos básicos (interior, empeine interior, empeine frontal e exterior) e as súas aplicacións no xogo.




  • O seguinte, partindo de exemplos, apórtanos consellos para a conducción que podemos realizar. Con elo, podemos observar conduccións clasificadas pola súa traxectoria, as superficies empregadas (exterior, interior e planta do pé) e os posibles tipos de xiros ou cambios de dirección.



  • Por último, explicaremos a variedade de controis de balón en función da superficie empregada.

viernes, 7 de enero de 2011

Aprendemos a xogar ao Rugby

Con estes catro vídeos que vou a mostrar, tratarei de que se comprenda mellor un deporte pouco desenvolvido no noso país pero moi popular noutros como Francia, Inglaterra, Gales, Escocia, Arxentina, Sudáfrica ou mesmo Nova Zelanda.

Este primeiro apartado falanos sobre a esencia do rugby, é dicir, cómo se xoga, cales son os nosos obxetivos no xogo...



No segundo video apórtasenos o sistema de puntuación.




A terceira parte descríbenos as posicións d@s xogadores e funcións de cada un deles.



No cuarto e derradeiro apartado, explícasenos as estratexias básicas de ataque e defensa, ocupación dos espazos, apoios...

lunes, 3 de enero de 2011

Técnicas básicas do Baloncesto

A continuación mostraremos unha serie de videos para explicar as técnicas básicas do baloncesto.

  • Primeiramente observaremos a cámara lenta gracias @s compañeir@s de Ull Esportiu, cómo debemos botar e pasar o balón en baloncesto.



  • Logo a través dun vídeo da NBA trataremos de explicar os distintos tipos de pase como son: pase de peito, picado, de béisbol, por detrás da espalda, alley-hoop e co codo.



  • Explicaremos agora a técnica de lanzamento, primeiro observandoa a cámara lenta e posteriormente coas explicacións de Carlos Cabezas, xogador da selección española de baloncesto coa que, entre outros logros, foi Campeón do Mundo en 2006 no Xapón.







  • Outra modalidade de tiro é o lanzamento en suspensión explicado por Carlos Cabezas.




  • E por último das técnicas de baloncesto, centrarémosnos na entrada a canastra (ou bandexa) na que é moi importante a coordinación dos pes (2 pasos, dereita - esquerda se fas a bandexa coa dereita) para non incurrir en pasos.




Para máis información sobre o baloncesto podedes clicar aquí.

domingo, 2 de enero de 2011

A importancia do traballo en equipo

Éste vídeo publicitario móstranos, en clave de rugby, un valor fundamental no deporte, o traballo en equipo. Todo equipo que se aprecie, deberá de sumar os seus esforzos individuais en favor dun obxetivo común a todos.
Como se dí no vídeo cada centrímetro conta e debemos loitar conxuntamente por acadar dito centímetro.
Ademáis amósanos a esencia dun deporte moi descoñecido na nosa sociedade como é o rugby, no cal búscase o esforzo colectivo para que un membro do equipo chegue coa pelota a área de puntuación rival para acadar un ensaio.
Lonxe quedan algunhas das comparacións ou asociacións, inxustas, que se soen facer sobre este deporte que o vinculan con pelexas, golpes brutais ou con sangue...e que moitas veces ensombrecen os valores primarios deste deporte como son: o respeto, a solidariedade, a unión, e a lealtade aos compañeir@s e adversari@s.

Por útimo dicir que, o que se dí, está extraído da película "Un Domingo Cualquiera" e ocorre xusto antes de que os xogadores saian a xogar o partido.

"Xogamos como un equipo ou morremos como individuos".

 
Gifs animados