lunes, 31 de diciembre de 2012

O balonmán: aspectos máis específicos

Entre a diversidade de aspectos específicos do balonmán vamos a mencionar:

realización dunha boa defensa, capacidades que debemos de ter en cada posición do campo, as características do porteiro, cómo tirar un penalti, xogadas onde se traballan habilidades moi específicas (fintas con salto, bote....) e por último, veremos un par de vídeos sobre exemplos de exercicios para mellorar as nosas habilidades no balonmán e un partido completo da selección española.

1-como podemos realizar unha boa defensa?onde podemos colocar os brazos?:



2-que capacidades debemos de ter en función do posto que ocupamos no campo?(non vos soa ao que falamos no primeiro trimestre das Capacidades Físicas Básicas: Resistencia, velocidade, forza e flexibilidade?):



 3- características que debe ter un porteiro en balonmán:



4- como tirar un penalti? (lembrádevos de que tendes 3 segundos para lanzar e que o porteiro se pode achegar dende a portería ata 4 metros máis para dificultarvos o lanzamento.) :



5- xogadas de balonmán con habilidades específicas:




6- actividades coas que podemos mellorar as nosas habilidades no balonmán, e polo tanto, a coordinación óculo manual:




                                                                                                                                                                                                                         7- por último, clicando neste enlace poderemos ver un partido da selección española de balonmán e na mesma páxina haberá moitos partidos máis para visualizar cando queirades:


 Mundial de Balonmán Suecia 2011: España -Alemaña - 17/01/11

O balonmán: habilidades técnicas

Nesta entrada pretendemos facer fincapé nas habilidades técnicas básicas do balonmán que son:
 o bote de balón, o pase e recepción e o lanzamento a portería.
Estas habilidades son fundamentais para un correcto desempeño deste deporte, xa que, sen unha destreza mínima de cada unha delas, dificilmente poderemos levar a cabo un partido de balonmán.

  • Comezamos cun vídeo sobre as posibilidades do bote en balonmán, na clase mencionamos que:
  1.  deberiamos de botar a altura da cintura e, 
  2. que trataremos de levantar a vista mentras botamos para saber onde están @s compañeir@s e @s rivais:


  • Agora centrarémonos nos pases e recepcións, como xa dixemos nas clases:
  1. sempre debemos ter como referencia a zona entre a cadeira ata o tórax para que @ compañeir@ poida recepcionar a pelota sen problemas.
  2. a forza, a precisión e o movemento d@s compañeir@s son aspectos fundamentais á hora de realizar un pase.
Vexamos agora os tipos de pases (centrámonos no pase de peito e o picado) e os erros máis comúns:






No seguinte video propoñemos consellos para unha correcta recepción:




  • E por último, os lanzamentos a portería:
1-Tipos de lanzamentos (centrámonos en lanzamento en suspensión co brazo nun ángulo de 90 graos):


              

2- Lanzamentos dende distintas posicións (lembrádevos de dar ata 3 pasos sen botar a pelota, se dades máis pasos, serían PASOS, e o balón pasa para o equipo rival):

http://youtu.be/1joPbWIa1CE 

 Con todo o que vimos nesta entrada, agora só nos queda, PRACTICALO!!!

sábado, 29 de diciembre de 2012

O Balonmán: aspectos básicos

O balonmán é un deporte colectivo de 7 contra 7, no que o seu obxectivo principar é anotar máis goles que o equipo contrario. Dado que o estamos a traballar, convén ter unhas aclaracións básicas sobre este deporte.

  • Primeiro falaremos das reglas básicas:


  • Logo do material que debemos empregar: 


  • Como debemos colocarnos no campo? aquí explicaranse as formacións básicas do balonmán. aínda que a máis empregada é a 5-1



Esta imaxe pode axudarnos a comprender o esquema táctico e ademáis a coñecer cada unha das posicións que podemos ocupar no campo, se queredes clicade para facela máis grande:


  • Para comprender mellor este deporte, tamén falaremos da norma do pasivo, que se basa que o equipo que ten a posesión de balón e co cal, está atacando, ten que tratar de lanzar a portería contraria e non só manter a posesión da pelota: 



Para rematar con esta entrada, podemos dicir, que hoxe en día, existen adaptacións ao propio deporte:

  • o Balonmán Praia ou Beach Handball: 


  • e o Balonmán sobre rodas ou Wheelchair Handball :




Para saber máis información sobre o balonmán podedes clicar na seguinte figura:

martes, 3 de abril de 2012

Atletismo: as carreiras de vallas

Esta modalidade atlética alterna dous movementos naturais, que son, como podemos ver no seguinte vídeo, a carreira e o salto. O obxetivo para os participantes é o de chegar antes que o resto á meta tratando de saltar as vallas sen derrubalas:



Achegarémonos agora aos seus comezos e á súa instauración nos xogos Olímpicos:




Como xa poidemos ver no primeiro vídeo, dentro das carreiras de vallas existen as seguintes modalidades:
  • 100 metros para mulleres
  • 110 metros para homes 
  • 400 metros para os dous sexos.

Aparte dun elemento técnicos propio como o da saída de tacos (xa explicado na entrada das carreiras de velocidade), o salto das vallas e o ritmo en carreira son aspectos técnicos funtamentais neste tipo de carreiras. A continuación explicaremos como debemos de realizalos tendo en conta que, cada proba ten as súas particuliaridades:

  • Para os 100 m. e 110 m., dende a saída, sóense dar 8 pasos ata a primeira valla e posteriormente 3 pasos entre cada unha delas ata chegar ao final. O salto sempre se realiza coa mesma perna de batida ou impulso.
  • Para a proba de 400 m. dende a saída, danse aproximadamente 22 -24 pasos ata a primeira valla e entre valla e valla sobre 15-17, neste caso, moitos atletas debido á fatiga, realizan o salto de vallas alternando a perna de batida, polo tanto sempre darán un número par de pasos.
A idea fundamental de todo o anterior é que é importante ter moi marcado o ritmo da carreira e percibir ben as distancias entre as vallas para lograr unha carreira coordinada, áxil e económica enerxéticamente.



E por se aínda non nos quedou clara a técnica de salto de vallas, podemos observar o seguinte vídeo:




Xa por último, para familiarizarnos co ritmo de carreira e o salto das vallas poderemos realizar as seguintes tarefas:

  • Estes tres primeiros exercicios tratan de mellorar o xesto técnico do salto coa perna de ataque e coa perna de batida de xeito frontal á valla:










  • Tamén propoñemos actividades nas que interveñen, aínda que dun xeito máis adaptado ao noso aprendizaxe, o ritmo de carreira e salto, realizandoo pasos lateralmente:

Atletismo: as carreiras de relevos

Este tipo de carreiras semellanse moito ás carreiras de velocidade, aínda que se observan algunhas diferenzas. As carreiras de relevos básase en levar un tubo cilíndrico unha determinada distancia ata pasarllo a un compañeir@ e así sucesivamente ata completar a distancia da carreira no menor tempo posible. Nas Olimpíadas son 4 os integrantes dun equipo de relevos.
E falando de Olimpíadas, cando apareceron por primeira ven nunha delas?




Existen de xeito oficial dous tipos de relevos tanto femininos como masculinos, un é o 4 x 100m. (vemos como Xamaica acada o récord do mundo coa cifra de 37,10 s. ):



E o outro tipo de relevo é o 4 x 400m.:




Chegados a este punto, no que xa sabemos cales son as probas de relevos, podémonos plantexar, cómo debemos amarrar o testigo? e pasarllo aos compañeir@s en carreira? podemos resolver as nosas dúbidas con estos vídeos.



Tamén debemos ter en conta, que a técnica de entrega pode ser ascendente ou descendente:



E por último observaremos os momentos elementais da carreira de relevos, facendo fincapé na carreira previa que debe realizar o corredor que posteriormente vai a portar o testigo, é dicir, a rápida transición do testigo dun corredor ao seguinte.



Se queremos saber máis sobre aspectos da técnica de carreira, só temos que clicar aquí.

Atletismo: as carreiras de velocidade

Sempre que pensamos no atletismo, unha das probas que temos en mente son as carreiras de velocidade. Podemos definir as carreiras de velocidade cómo unha competición de carreira dunha determinada distancia entre varios atletas co obxetivo de chegar, no menor tempo posible, antes á meta.

Coma sempre comezaremos a describir e explicar este deporte narrando a súa evolución dende a súa orixe ata os nosos días, para elo valerémonos dos seguintes vídeos:








Hay diversas probas cando estamos a falar de carreiras de velocidade. As que están oficialmente nas Olimpíadas son:

  • Os 100 metros lisos: é a competición raíña e percórrense os 100 m. en liña recta ata a meta.
  • Os 200 metros lisos: comézase a proba percorrendo unha curva para acabar en liña recta ata a meta.
  • Os 400 metros lisos: trátase de correr unha volta enteira á pista de atletismo. 
Nestas modalidades, os participantes deberán correr por unha calle asignada previamente e sen invadir as dos seus competidores.


     Unha vez explicado que son as carreiras de velocidade, centrarémonos nos seus aspectos técnicos básicos.

    • O primeiro que resaltaremos será a saída de tacos, na que podemos observar 3 fases diferenciadas:

    Aos seus postos!




    Listos!




    Xa! (impulso)




    • Unha vez realizada a saída de tacos e a posterior aceleración, o participante terá que tratar de chegar á velocidade máxima a través dunha coordinada e ampla zancada, que consta dunha fase aérea e outra de impulso-apoio. Para mellorar na zancada en carreira poderemos realizar os seguintes exercicios:





      • E xa para finalizar a carreira temos a chegada á meta, para elo, inclinaremos o noso tronco, levando os brazos cara atrás e estirando o pescozo:





      Para rematar con esta explicación das carreiras de velocidade, non debemos de esquecernos de Usain Bolt, o home máis rápido do mundo que dende 2008 acadou 6 récords mundias de velocidade e esperemos que nas Olimpíadas de Londres 2012 consiga mellorar as súas marcas.

      domingo, 1 de abril de 2012

      Atletismo: o lanzamento de xabalina

      O lanzamento de xabalina é unha das modalidades do atletismo, e consiste en tratar de lanzar unha vara metálica de uns 260 a 270cm o máis lonxe posible.
      Dividiremos esta presentación en 3 bloques, no que o primeiro deles se adica ás súas orixes.

       1. Historia do lanzamento de xabalina:
      Como curiosidade podemos dicir que, aparece por primeira vez nas Olimpíadas en Londres 1908, é dicir, a mesma sede que nos vindeiros xogos do 2012.





      2. Introducción á tecnica:
      Explicarásenos os distintos tipos de agarre e exercicios para a familiarización co lanzamento.





      3. A técnica do lanzamento de xabalina:
      Describiránsenos as diferentes fases do lanzamento (posición inicial, carreira de impulso, ritmo dos 5 pasos, lanzamento e recuperación).

      domingo, 18 de marzo de 2012

      Carolina Rodríguez: exemplo de superación e expresividade na Ximnasia Rítmica

      Este pequeno documental extraído de Informe Robinson cóntanos a historia de Carolina Rodríguez, unha deportista adicada á Ximnasia Rítmica.
      Co seu esforzo e espírito de superación e moi a pesar das precariedades (lesións, instalacións de adestramento...), esta rapaza quere acadar o soño de participar nos Xogos Olímpicos de Londres con 25 anos, algo impensable para esta disciplina deportiva.
      Debemos tomar exemplo de ela, xa que ao ser filla de pais xordos sempre tivo que ser moi expresiva para comunicarse con eles, esta expresividade convertiuse nun don para ela, debido a que é unha cualidade fundamental para ser unha boa ximnasta rítmica. É dicir, convertiu un problema nunha gran solución.

      Chegará a conseguilo?só tedes que ver este vídeo para sabelo:



       
      Gifs animados