martes, 10 de septiembre de 2013

Estamos de reformas, desculpade as molestias!

O blogue tomarase un tempo para crear contidos novos e deseñar actividades.
Ademáis disto, o cambio de colexio e as súas circunstancias fan máis complicada a tarefa de manter este blogue activo.



Sentimos as molestias e esperamos volver o antes posible!!

Antes de despedirme, quixera mandar a ligazón do meu novo colexio, o CRA de Rianxo:

http://www.edu.xunta.es/centros/crarianxo/

martes, 25 de junio de 2013

Fotos da despedida

Despois deste venres tan emotivo déixovos estas fotos que saquei con algúns de vos, se tendes algunha máis que queirades mostrar, por favor, pasádema ao meu correo ( alexvarela4@gmail.com ), e engádoa a esta entrada.

Lémbrovos que para subir estas fotos a redes socias debedes ter a idade pertinente (cousa que non tendes)e que de publicalas, sodes responsables das molestias que poidades causar.




lunes, 17 de junio de 2013

Un pequeno agasaio

O curso está a piques de chegar ao seu fin,  e como recompensa por todo o esforzo realizado, aquí tendes un pequeno regaliño que realicei con todo o meu cariño para vós.

Consiste nunha recopilación de imaxes e momentos que vivimos xuntos en Educación Física este marabilloso ano.

Espero que vos guste!!!





Podedes descargar o vídeo cunha mellor calidade na seguinte ligazón:

https://www.dropbox.com/s/migndtd2sfdywau/Proxecto%20EF%20Sig%C3%BCeiro%20para%20phone%20grande.wmv

jueves, 6 de junio de 2013

O Kicking Ball ou Kickball

Este deporte é unha adaptación do Béisbol, moi axeitada para xogar en calqueira espazo, xa que, só temos que ter unha pelota para comezar o partido.

  • Primeiro falaremos da súa historia, para elo, podemos ver esta presentación que nos explica detalladamente a súa orixe e como se expandiu cara outros países.






  • Agora mencionaremos as súas principales normas, é dicir, de cómo se xoga.






Unha vez visto todo o anterior, xa podemos comprender mellor os vídeos que vamos a por a continuación.

  • Por un lado, veremos o Kicking Ball en Venezuela, onde como podemos ver na súa historia, pasou a ser un deporte únicamente feminino.



  • Polo outro observaremos o Kickball de Estados Unidos, que é onde tivo orixe este deporte e se practica de xeito mixto, é dicir, mesmo número de mulleres e homes en cada equipo.Os vindeiros videos están en inglés pero sérvennos igualmente para observar cómo se xoga.





  •  Tamén podemos ver campionatos de Kicking Ball en España, concretamente en Tenerife:


  • Aquí, para rematar, veremos cómo grazas ao Kickball se logran relacionar unha gran cantidade de persoas de todo Estados Unidos.








miércoles, 5 de junio de 2013

Historias do Béisbol

No noso país, apenas temos constancia de ligas de Béisbol ou outras competicións deportivas, relacionadas con este deporte.

Nestes dous vídeos pretendemos mostrar por un lado, a reforma da selección española de Béisbol para recentes campeonatos e, por outro, como se busca a vida un equipo que ten que comezar de novo e todos os atrancos que ten que superar.

Ademáis de coñecer estas interesantísimas historias e de coñecer de primeira mán a repercusión que ten o Béisbol en España, seguro que aprendemos moitos contidos sobre este deporte, disfrutádeos!!!

  • Informe Robinson, a selección española de Béisbol:





  • Non todo é fútbol:

No todo es fútbol from somosTHINKO on Vimeo.

martes, 4 de junio de 2013

O Béisbol: debuxos e películas para comprendelo mellor

A continuación, mostraremos algunhas series de debuxos animados e películas que nos van a permitir comprender un pouquiño mellor este deporte. Iremos dende debuxos para os máis pequenos ata películas recentes.

  • Primeiro, veremos a Caillou dando os seus primeiros pasos no Béisbol:


  • Pocoyó e os seus amig@s, están aprendendo a que deben gardar turnos para batear:



  • O oso Berni ten serios problemas para poder batear, xa que, emprega unha máquina lanzapelotas que non lle vai a facer moito caso. Estas máquinas empréganas os profesionais para mellorar a técnica de bateo:




  • Tamén podemos ver a Goofy xogando ao Béisbol:




Logo xa en formato película poido recomendar dúas recentes:
  •  Unha delas, narra a historia dun xerente xeral do equipo, que basándose nun libro chamado "Moneyball" ( igual que a película), pretende revolucionar o mundo do beisbol basándose en estadísticas e fichaxes a coste moi baixo:



  • Golpe de efecto, conta a historia dun veterano cazatalentos que pretende demostrar que segue tendo un gran criterio para seleccionar bos xogadores de Béisbol:





sábado, 4 de mayo de 2013

O Béisbol: aspectos básicos

A continuación mostraremos unha serie de xogos para tratar de entender un novo deporte: O béisbol.

  • No primeiro presentaremos a historias, as normas básicas e as posicións no campo:
(para velo en grande premede na ligazón: https://clic.xtec.cat/projects/beisbol2/jclic.js/index.html)


  •  No segundo, temos outro xogo moi interesante para iniciarnos na práctica, só tendes que tocar na pelota:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1426253902/contido/beisbol.html
  • No terceiro amosamos os diversos tipos de lanzamento, só tedes que clicar na imaxe seguinte (secuencia de lanzamento):

  •  Neste xogo, seredes capaces de batear a bola neste xogo?
Temos que ter en conta a dirección e a velocidade da bola para poder batear de xeito satisfactorio. Intentadeo tocando na imaxe:

http://mnjuegos.es/deportes/%C2%A1b%C3%A9isbol!

  • E por último simulamos o xogo real, queres ser esquío ou galiña?

Miniclip Allstar Baseball

Miniclip Allstar Baseball
Clickea aquí para jugar

viernes, 3 de mayo de 2013

Acrosport: imaxes da 6ª sesión

Nesta derradeira sesión de Acrosport tratamos de realizar diversos retos creativos nos que o traballo en equipo era fundamental e ademáis deixamos dar renda solta á nosa imaxinación partindo das capacidades de cada persoa e de equilibrios que case parecían inverosímiles, observade a vosa expresión nalgunha figura!

A verdade é que logramos figuras increíbles!!!Noraboa a tod@s!!Sodes fantásticos!!!





miércoles, 1 de mayo de 2013

Aprendemos Educación Física...Xogando!!!

Despois de varios meses realizando un curso de Ardora, por fin poido ofrecervos unha serie de xogos para poder aprender máis cousas sobre Educación Física e tamén repasar moitos contidos que xa traballamos ao longo deste curso.

Estes xogos sempre estarán a vosa disposición á marxe dereita do meu blog no apartado: Aprendemos Educación Física...Xogando!!!

O obxetivo destas actividades é adquirir unha maior cultura e coñecemento sobre a Educación Física a través de diversos xogos, que irán dende coñecer os músculos, ósos ou os nutrientes básicos ata recoñecer deportistas españois, deportes, a década da súa fundación ou a superficie na que se practican.

Aconsello que empreguedes o explorador Google Chrome:  https://www.google.com/intl/es/chrome/browser/?hl=es

E tamén, para unha mellor visualización da actividade debedes ter o Java actualizado: https://www.google.com/intl/es/chrome/browser/?hl=es

Con esto non deberiades ter problema en xogar.

Desexo que vos gusten!!!

Ide probando:

Apredemos Educación Física....Xogando!!!

Xogo do Aforcado con deportistas españois

sábado, 20 de abril de 2013

Consellos para as carreiras pedestres

Xa que para a semana é a carreira pedestre en Sigüeiro, e moitos de vos xa me dixéchedes que estabades anotados, pretendo amosarvos unha serie de consellos para realizar dun xeito satisfactorio a carreira e sobre todo, para disfrutala. Dividirei estos consellos en antes da carreira, durante e despois da mesma.


  • ANTES DA CARREIRA:
-O primeiro antes de nada é estar ben de saúde, e con esto referímonos a non ter ningunha lesión, doenza ou incluso enfermidade,xa que, se pretendemos realizar a carreira con algún destes problemas o único que faremos será perxudicar as nosas doenzas e polo tanto, non poderemos facer a carreira dun xeito correcto.

-Con uns tenis (que non sexan novos, nin a estrear), un pantalón curto e unha camiseta transpirable (coma a de un equipo de fútbol, por exemplo) é suficiente para poder correr, eso sí, no quencemento recomendamos poñer unha sudadeira para poder "entrar en calor" axeitadamente. Sería importante tamén levar mudas por se suamos e temos que esperar moito tempo a entrega de premios ou fai moito frío ese día.

-Se non estades acostumados a realizar unha actividade física habitual, o lóxico sería adestrar antes da carreira. Dependendo do tempo que teñades, o importante é practicar carreiras na que poidades manter o ritmo, unha vez identificado o voso ritmo, podedes comezar a aumentar o tempo da carreira ou ben a distancia da mesma. Non pretendades facer todo nun día, o corpo acostúmase mellor aos esforzos cando os facemos dun xeito continuado e progresivo no tempo. Esto xa o vimos a comezo de curso nas nosas clases.

-Durante estes adestramentos recomendamos antes, durante e despois inxerir auga nunha cantidade necesaria, sen encher o estómago.

  •  O DÍA DA CARREIRA E DURANTE A CARREIRA:
-Xa que é unha carreira de tarde, é importante comer ao mediodia de xeito saudable, é dicir, aportar unha boa cantidade de nutrientes en razonables cantidades de comida; se comemos demasiado o único que conseguiremos e ter sensacións de mareo e nauseas na carreira. Un exemplo: un plato de pasta cunha pequena peituga de polo e de postre un plátano ou iogur natural, apórtanos moita enerxía (polos hidratos de carbono) e nutrientes necesarios para realizar a carreira sen problemas.

-Realizar un quencemento semellante ao que facemos nas nosas clases, polo menos 15-20 minutos antes da carreira, non podemos comezar a correr en frío.

- Xa na carreira, o importante é participar, o reto é rematar a carreira, non gañala. Moita xente participa e non todos poden gañala, temos que aceptalo como parte da proba.

- Na saída non podemos saír moi forte ou rápido, senón non poderemos aguantar o ritmo, e aos 2 minutos non seremos capaces de respirar, nin continuar correndo. Trataremos de manter o ritmo durante a carreira e se nos notamos moi cansos ou que non somos capaces de respirar axeitadamente, baixamos a intensidade e continuamos ata o final.


  • AO FINALIZAR A CARREIRA:
-Se podemos ducharnos e mudarnos de roupa mellor, pero senon abrigarnos debidamente.

-Estirar como fixemos na clase, unha vez recuperada a respiración normal do noso corpo, para evitar as tan temidas maniotas (agujetas en castelán).

Mirade o enlace para os estiramentos despois de correr:

http://www.foroatletismo.com/estiramientos/los-7-estiramientos-imprescindibles-despues-de-correr/

jueves, 18 de abril de 2013

Acrosport: imaxes da 5ª sesión

Cada día tratamos de superar novos retos de maior dificultade, neste caso, practicamos figuras nas que o portor adopta unha posición como a realización dunha flexión e tamén á inversa (carretilla facial e dorsal).

Para rematar, tratamos de realizar posturas nas que xa se ven implicados 3 ou 4 participantes e 1 ou 2 axudantes, co cal, a cooperación e traballo en equipo tórnase cada vez máis importante.

Aquí temos as imaxes:





miércoles, 17 de abril de 2013

Acrosport: imaxes da 4ª sesión

Nesta cuarta sesión de Acrosport tratamos de realizar figuras co portor en banco dorsal ou cuadrupedia invertida con múltiples variantes. 
A parte de mellorar o noso equilibrio e o ton muscular, pretendemos que incidir no traballo en equipos heteroxéneos e na suavidade e control nos descensos e ascensos por enriba do portor.

A partir de agora a figura do axudante faise indispensable para a montaxe de calqueira pirámide.

Tamén deixamos un oco ao final da clase para que @s alumn@s expresen a súa creatividade e imaxinación partindo das posturas traballadas.

Sempre coa ledicia nas nosas caras.


Disfrutade coas imaxes:








lunes, 15 de abril de 2013

Practicando Acrosport...primeiras imaxes!!!

Xa levamos un par de semanas traballando o Acrosport.

Neste tempo, tratamos de coñecer un pouquiño máis o noso corpo a través de distintas figuras e da tensión muscular que elas implican  e logo, realizamos figuras por parellas en equilibrio para tomar conciencia da tensión d@s compañeir@s e de como podemos igualalas.

Agora, na terceira sesión empezamos a realizar as primeiras figuras en ascensión (pirámides).

Todo elo dun xeito moi divertido, cooperativo e seguro (grazas aos axudantes e as zonas de apoio seguro). Aquí tedes as primeiras imaxes:

domingo, 14 de abril de 2013

I Carreira Pedestre Popular do Concello de Oroso

Aquí mostraremos toda a información para apuntarse a Carreira pedestre do concello de Oroso.  

Tod@s @s nen@s de 4º, 5º e 6º que participen nesta carreira recibirán un apuntamento positivo no 3º Trimestre. 

Cabe destacar que para tod@s @s escolares a inscripción é GRATUÍTA e podédelo facer na seguinte ligazón:

http://www.fgatletismo.es/inscripciones/inscripcion_20130427.html

Logo, mirade no cartel de abaixo, en que categoría vos corresponde, a que hora corredes e que distancia  tedes que percorrer, os máis maiores chegarán a correr 2 kilómetros.

Proximamente colgarei no blog unha serie de consellos para afrontar a carreira dun xeito satisfactorio, moitos deles xa os explicamos na clase.

O primeiro que debedes facer é poñer uns tenis e a PRACTICAR!!!
Ao igual que traballamos ao principio de curso, comezade con pequenas distancias ou pequenos tempos mantendo o ritmo e logo ide incrementando esas distancias ou tempos na medida do posible.

Para máis información sobre os itinerarios e demáis:
https://www.concellooroso.com/show_content.php?section=4&subsection=22&content=1826




jueves, 4 de abril de 2013

Recordatorio: Traer calcetíns de reposto

Para a nova actividade que vamos a realizar, o acrosport, é requisito fundamental traer calcetíns de reposto para, ao finalizar a clase, cambiar os calcetíns usados por outros limpos e secos.





lunes, 1 de abril de 2013

Tarefa para subir nota 2 - Os keniatas e un "All Black" en Galicia

Despois dos vídeos mostraranse as instruccións para a realización da tarefa e as cuestións a resolver (que as podedes descargar)

A) Kenia, unha fábrica de campeóns



B) Un "All Black" en Galicia




INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA TAREFA
Xa vos comentei que, a realización desta tarefa é OPCIONAL e que deberá estar debidamente cumprimentada para que poida subir a nota da avaliación.
Os ocos deixados entre as preguntas son suficientes para a contestación das mesmas, co cal, rógovos que sexades claros, breves e directos nas explicacións.
Para entregar o traballo elaborado ao mestre tedes 3 opcións, despois de descargalo:
1-     Unha vez contestado, podedes mandalo  directamente ao meu correo alexvarela@edu.xunta.es . Cando o reciba, enviareivos un aviso de que xa está entregado. Esta é a máis recomendada, xa que non tedes que imprimir nada, co cal, evitamos gastar papel e tinta.
2-     Unha vez contestado,  podedes imprimilo e darme a tarefa en man.
3-     Imprimilo e logo contestalo á bolígrafo e darme a tarefa en man.



Para descargar este arquivo, só tedes que clicar nesta ligazón de abaixo, e logo, na páxina na que vos sae o arquivo dádeslle a Archivo e ahí clicades en Descargar, e xa está lista para cubrir!:

https://docs.google.com/file/d/0B7l0nay3bqVSZ0VINEJNWHZCckE/edit?usp=sharing


martes, 19 de marzo de 2013

Qué xogos populares gustan máis?

En Galicia temos moitos xogos populares pero, cales son os preferidos pola súa poboación?
Neste programa fainos un repaso interesantísimo dos dez xogos populares preferidos polos galegos de todas as idades e os  participantes máis maiores cóntannos anécdotas de cómo se xogaba na súa época.

Como curiosidade, as imaxes d@s nen@s xogando no patio que pertencen a alumn@s do IES de Melide, e a algún deles (lémbrome de Elena, Andrés, Marina, Andrea, María e algún máis por ahí) dinlle clase no CEIP Martagona!! Alegreime moito de velos ben e que sigan practicando todo tipo de xogos populares.

Sen máis, podedes ver o top 10 de xogos populares a continuación:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/xogos-populares

jueves, 14 de marzo de 2013

A Selección Española de Rugby en Compostela

Este sábado 16 de Marzo ás 18:00 horas, a selección española de Rugby xogará contra Portugal no estadio de San Lázaro.  O partido é o último da primeira volta da Copa de Europa de Nacións ou Torneo VI de Nacións B.

Haberá un montón de actividades previas nos arredores do lugar, para máis información, clicade na imaxe:


miércoles, 6 de febrero de 2013

O Floorball: aspectos básicos

O Floorball ou tamén chamado Unihockei é un deporte semellante ao que tod@s recoñecemos como Hockei. Primeiramente observaremos un vídeo para entender un pouquiño mellor este deporte:



  • Que diferencias observades co Hockei?


Pois, a simple vista observamos que non levamos patíns, ademáis o stick e a pelota son de plástico e xógase con 5 xogadores de campo e un porteiro, que neste deporte non leva stick.

Agora centrarémonos un pouquiño máis nas súas normas, para elo, podedes ver o seguinte arquivo:


Por último, para repasar todo o aprendido, podemos realizar un xogo moi divertido e didáctico, só tes que clicar na imaxe inferior:











sábado, 12 de enero de 2013

Tarefa para subir nota - 11 historias Olímpicas

Este documental conta a historia de 11 medallas españolas acadadas nas Olimpíadas de Londres 2012, pero sobre todo, do esforzo, da ausencia ou escasez de medios, da constancia...

Despois do vídeo mostraranse as instruccións para a realización da tarefa e as cuestións a resolver (que as podedes descargar)




INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA TAREFA
Xa vos comentei que, a realización desta tarefa é OPCIONAL e que deberá estar debidamente cumprimentada para que poida subir a nota da avaliación.
Os ocos deixados entre as preguntas son suficientes para a contestación das mesmas, co cal, rógovos que sexades claros, breves e directos nas explicacións.
Para entregar o traballo elaborado ao mestre tedes 3 opcións, despois de descargalo:

1-      Unha vez contestado, podedes mandalo  directamente ao meu correo alexvarela@edu.xunta.es . Cando o reciba, enviareivos un aviso de que xa está entregado. Esta é a máis recomendada, xa que non tedes que imprimir nada, co cal, evitamos gastar papel e tinta.
2-      Unha vez contestado,  podedes imprimilo e darme a tarefa en man.
3-      Imprimilo e logo contestalo á bolígrafo e darme a tarefa en man.


Sen máis, déixovos as preguntas e tarefas aquí e abaixo as instruccións para descargalo, son moi sinxeliñas.





Para descargar este arquivo, só tedes que clicar nesta ligazón de abaixo, e logo, na páxina na que vos sae o arquivo dádeslle a Archivo e ahí clicades en Descargar, e xa está lista para cubrir!:

https://docs.google.com/file/d/0B7l0nay3bqVSQ0hZWEY0bGpGNzg/edit

viernes, 11 de enero de 2013

Comeza o Mundial de Balonmán 2013 en España

Hoxe é un gran día para o deporte español, os mellores 24 equipos do mundo cítanse en España para tratar de acadar o mundial. Se queredes ver a maioría dos partidos en directo, podedes clicar no seguinte enlace:



Se clicades na foto da plantilla oficial de España, poderedes ver os horarios dos partidos e moita máis información:





miércoles, 9 de enero de 2013

O Rugby: habilidades básicas con balón

Como habilidades básicas con balón no rugby podemos enumerar: o pase e recepción de balón e a conducción.

Primeiro centrarémonos na conducción da pelota con ambas máns. Como o obxetivo de conducir a pelota, en primeiro termo, debe ser avanzar para acadar un ensaio, trataremos de levar a pelota agarrada de xeito vertical (é dicir, coas puntas do balón cara arriba e abaixo). Agora observaremos qué sucede cando un xogador conduce a pelota e se atopa con obstáculo/defensor que lle impide o paso:

1-  Levan o balón conducido ata que un xogador rival lle impide continuar, a solución que aportan é  realizar un pase a un compañeiro sempre cara atrás:




2-Tamén podemos intentar fintar e amagar tratando de enganar aos defensores:


                       



Agora falaremos do pase, aquí explícasenos como debemos de pasar e recepcionar a pelota:




Aquí temos unhas instruccións da FER (Federación Española de Rugby) como debemos poñer o corpo, brazos, pernas e demáis tanto na recepción coma no pase:




Aquí temos exemplos de exercicios que podemos realizar para mellorar o pase:

  •  A curta distancia, en situación de superioridade 4 contra 3:





  • Pases a longa distancia, ollo coas recepcións!:

lunes, 7 de enero de 2013

O Touch/Tag Rugby

Próximamente comezaremos a traballar o Rugby no colexio dun xeito adaptado.

O Touch Rubgy e o Tag Rugby son dúas modalidades ou adaptacións do Rugby, que básicamente consisten en minimizar o contacto entre atacantes e defensores, limitandoo, no caso do Touch, a un simple contacto co adversario e no caso do Tag, a agarrar unha cinta colgada da cintura. Co cal, cada vez que esto suceda quedarannos menos tentativas (temos como máximo 6 tentativas) para acadar un ensaio.
No noso caso, o que vamos a practicar maiormente é o Touch Rugby aínda que as normas básicas apenas varían. Estas son as normas dictadas pola FER(Federación Española de Rugby) para o Tag Rugby aínda que son prácticamente todas válidas tamén para o Touch:





 No 2016 realizaronse uns cambios na reglamentación co fin de evitar a dispariedade de criterios:




Aínda que este próximo video está en inglés, sérvenos para asimilar cómo nos temos que colocar no campo,os movementos dos xogadores e as dimensións do campo.




Agora, nesta segunda parte do vídeo centrarémonos no comezo do xogo, como se anota e como se continua o xogo:



Aquí tamén temos un vídeo subtitulado ao castelán dos aspéctos básicos da posesión e como facer un Touch :

                                      

Continuamos coa cuarta parte na que se nos explica as habilidades básicas do xogador de Touch, o pase, como comezar despois dunha infracción (Tap)  e despois dun Touch (Rollball):



Por último desta serie de vídeos, podemos ver como se realizan os cambios de posesión, as principais infraccións e penaltis:


No seguinte, uns xogadores de Touch Rugby de Valencia dan o seu punto de vista sobre o xogo:





Compre darse conta dunha das máximas deste deporte, os 6 intentos para chegar a zona de ensaio (Try Zone). Se nos tocan 6 veces haberá cambio de posesión (Turnover):





Por último, vexamos un partido de Touch Rugby:


 
Gifs animados