Mostrando entradas con la etiqueta Recursos Tic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recursos Tic. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de abril de 2015

Apps sobre a actividade física

Grazas ao curso que estou a realizar "as TIC na Educación Física 2015" quero mostrarvos algunha das app para android coas que podemos distintos tipos de exercicios. Comezamos a analizalos:

  • 7 Minute Workout:  App básica que consta de 12 exercicios, 7 minutos e como materiais precisades unha parede, unha silla e o teu propio corpo. Pódese configurar para facer máis repeticións, ter máis tempo de descanso ou facer que a conta atrás entre un e outro exercicios sexa menor ou maior.
  • Sworkit Lite Entrenador: App moi completa cunha infinidade de exercicios divididos en 4 modalidades: Forza, Ioga, Aeróbico e Estiramentos e que se mostran con vídeos ao tempo que se realiza a actividade. As rutinas son totalmente configurables en tempos de execución e en total de actividade, zonas corporais, e unha vantaxe a destacar é que non se precisa ningún tipo de material para a súa execución.
  •  Gym: Ejercicios & Rutinas: App deseñada para planificar os teus adestramentos de ximnasio a través de 25 rutinas. É moi didáctico á hora de explicar que músculos se traballan en cada exercicio a través de imaxes, animacións e vídeos. Tamén deixa anotar as túas experiencias en cada exercicio.
Ata aquí a análise, espero próximamente facer o mesmo con aplicacións referentes á "Educación para a Saúde".


sábado, 4 de abril de 2015

Aparecemos no repositorio de Abalar

Dende xa hai unha tempada debido a un curso que realicei sobre Ardora, un programa capaz de deseñar unha enorme cantidade de actividades didácticas, @s titores decidiron poñer esos recursos en Abalar.

Tamén os podedes ver á vosa dereita estes recursos por separado con so clicar neles!

Clicade na seguinte ligazón para acceder aos meus recursos en Abalar:


http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/aprendemos-educacion-fisica-xogando

miércoles, 1 de mayo de 2013

Aprendemos Educación Física...Xogando!!!

Despois de varios meses realizando un curso de Ardora, por fin poido ofrecervos unha serie de xogos para poder aprender máis cousas sobre Educación Física e tamén repasar moitos contidos que xa traballamos ao longo deste curso.

Estes xogos sempre estarán a vosa disposición á marxe dereita do meu blog no apartado: Aprendemos Educación Física...Xogando!!!

O obxetivo destas actividades é adquirir unha maior cultura e coñecemento sobre a Educación Física a través de diversos xogos, que irán dende coñecer os músculos, ósos ou os nutrientes básicos ata recoñecer deportistas españois, deportes, a década da súa fundación ou a superficie na que se practican.

Aconsello que empreguedes o explorador Google Chrome:  https://www.google.com/intl/es/chrome/browser/?hl=es

E tamén, para unha mellor visualización da actividade debedes ter o Java actualizado: https://www.google.com/intl/es/chrome/browser/?hl=es

Con esto non deberiades ter problema en xogar.

Desexo que vos gusten!!!

Ide probando:

Apredemos Educación Física....Xogando!!!

Xogo do Aforcado con deportistas españois

jueves, 5 de mayo de 2011

Valoración de páxinas web para Educación Física

Dentro do grupo de traballo realizado colexio un dos apartados foi a análise e valoración de páxinas web aplicables ás nosas clases.
Un dos obxectivos deste análise é, que @s nen@s poidan empregar unha serie de recursos educativos aplicados á súa idade e os poidan disfrutar, tanto no colexio coma no seu tempo libre.
Neste caso, valóranse recursos para Educación Física para toda Primaria.

Recopilación EF
 
Gifs animados