Mostrando entradas con la etiqueta xogos na casa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos na casa. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de mayo de 2020

Debuxos Work Out

Mostramos unha lista de reproducción dun conxunto de vídeos de series animadas moi populares realizando diversos exercicios en función das personaxes que vaiamos escollendo:

jueves, 30 de abril de 2020

Parchís de Educación Física

Hoxe traemos un recurso superdivertido para realizar actividade física dun xeito diferente e en familia. Trátase do xogo do parchís adaptado polos compañeir@s de Edufis á actividade física. As normas son as tradicionais pero, en cada casilla que caiamos, temos que realizar o exercicio durante 15 segundos. Non é necesario imprimir nada se non queredes, xa que, as fichas e os dados pódense facer manualmente, o taboleiro de xogo pódese debuxar e o exercicio de cada casiña podedes telo descargado no móbil, tablet, ordenador....
A continuación mostramos as ligazóns para descargar o xogo e exercicios distribuídos en niveis de intensidade para escoller o nivel que máis se pareza ao voso:

O taboleiro: https://drive.google.com/open?id=1TzxaLKGRQoO9nvLxKvKtMjz3udwzuh8x

Exercicios nivel inicial: https://drive.google.com/open?id=1SOYYvW68SXEmemGAfMKVPW_vjJDKrDTR


 Exercicios nivel intermedio: https://drive.google.com/open?id=1zxkRUg-_oPbVqZ2cyfLbf_1R4WpmawCH

Exercicios nivel avanzado: https://drive.google.com/open?id=10Xp33L2GvrdDIJBoW9aKqZJiqE0FBrT_

miércoles, 1 de abril de 2020

Parchis multidisciplinar

Achegamos un parchís que sen dúbida, será moi moi divertido para xogar en familia. Ten probas moi variopintas e é moi adaptable a case a totalidade das idades escolares. Podedes descargalo premendo abaixo:

Parchis multidisciplinar

Trivial de Educación Física

Achegamos unha proposta de Trivial de Educación Física grazas a Elías e Víctor Arufe. Podedes descargalo premendo abaixo:

1- Normas e casiñas
2-Taboleiro
3- Cartóns imprimibles para os xogadores


ConFITnamento - Eu xogo na casa

Aquí mostraremos sesións de xogos na casa grazas a Ignacio, como parte do proxecto ConFITnamento:

  Sesión 1: https://vimeo.com/401417052/ad6232d34d



 Sesión 2:



Sesión 3:

jueves, 26 de marzo de 2020

A Oca de Educación Física en familia

Aquí temos dous xogos de Oca para Educación Física, podedes escoller entre 1 curto e 1 longo!
Xa que non tod@s temos impresora na casa, podemos debuxar á nosa maneira a oca, poñer o número de casiñas que corresponda en cada circuíto e descargar a información das normas e os exercicios a realizar en cada casiña.

Circuíto curto - 2 páxinas

Circuíto longo - 6 páxinas
 
Gifs animados