sábado, 20 de abril de 2013

Consellos para as carreiras pedestres

Xa que para a semana é a carreira pedestre en Sigüeiro, e moitos de vos xa me dixéchedes que estabades anotados, pretendo amosarvos unha serie de consellos para realizar dun xeito satisfactorio a carreira e sobre todo, para disfrutala. Dividirei estos consellos en antes da carreira, durante e despois da mesma.


  • ANTES DA CARREIRA:
-O primeiro antes de nada é estar ben de saúde, e con esto referímonos a non ter ningunha lesión, doenza ou incluso enfermidade,xa que, se pretendemos realizar a carreira con algún destes problemas o único que faremos será perxudicar as nosas doenzas e polo tanto, non poderemos facer a carreira dun xeito correcto.

-Con uns tenis (que non sexan novos, nin a estrear), un pantalón curto e unha camiseta transpirable (coma a de un equipo de fútbol, por exemplo) é suficiente para poder correr, eso sí, no quencemento recomendamos poñer unha sudadeira para poder "entrar en calor" axeitadamente. Sería importante tamén levar mudas por se suamos e temos que esperar moito tempo a entrega de premios ou fai moito frío ese día.

-Se non estades acostumados a realizar unha actividade física habitual, o lóxico sería adestrar antes da carreira. Dependendo do tempo que teñades, o importante é practicar carreiras na que poidades manter o ritmo, unha vez identificado o voso ritmo, podedes comezar a aumentar o tempo da carreira ou ben a distancia da mesma. Non pretendades facer todo nun día, o corpo acostúmase mellor aos esforzos cando os facemos dun xeito continuado e progresivo no tempo. Esto xa o vimos a comezo de curso nas nosas clases.

-Durante estes adestramentos recomendamos antes, durante e despois inxerir auga nunha cantidade necesaria, sen encher o estómago.

  •  O DÍA DA CARREIRA E DURANTE A CARREIRA:
-Xa que é unha carreira de tarde, é importante comer ao mediodia de xeito saudable, é dicir, aportar unha boa cantidade de nutrientes en razonables cantidades de comida; se comemos demasiado o único que conseguiremos e ter sensacións de mareo e nauseas na carreira. Un exemplo: un plato de pasta cunha pequena peituga de polo e de postre un plátano ou iogur natural, apórtanos moita enerxía (polos hidratos de carbono) e nutrientes necesarios para realizar a carreira sen problemas.

-Realizar un quencemento semellante ao que facemos nas nosas clases, polo menos 15-20 minutos antes da carreira, non podemos comezar a correr en frío.

- Xa na carreira, o importante é participar, o reto é rematar a carreira, non gañala. Moita xente participa e non todos poden gañala, temos que aceptalo como parte da proba.

- Na saída non podemos saír moi forte ou rápido, senón non poderemos aguantar o ritmo, e aos 2 minutos non seremos capaces de respirar, nin continuar correndo. Trataremos de manter o ritmo durante a carreira e se nos notamos moi cansos ou que non somos capaces de respirar axeitadamente, baixamos a intensidade e continuamos ata o final.


  • AO FINALIZAR A CARREIRA:
-Se podemos ducharnos e mudarnos de roupa mellor, pero senon abrigarnos debidamente.

-Estirar como fixemos na clase, unha vez recuperada a respiración normal do noso corpo, para evitar as tan temidas maniotas (agujetas en castelán).

Mirade o enlace para os estiramentos despois de correr:

http://www.foroatletismo.com/estiramientos/los-7-estiramientos-imprescindibles-despues-de-correr/

jueves, 18 de abril de 2013

Acrosport: imaxes da 5ª sesión

Cada día tratamos de superar novos retos de maior dificultade, neste caso, practicamos figuras nas que o portor adopta unha posición como a realización dunha flexión e tamén á inversa (carretilla facial e dorsal).

Para rematar, tratamos de realizar posturas nas que xa se ven implicados 3 ou 4 participantes e 1 ou 2 axudantes, co cal, a cooperación e traballo en equipo tórnase cada vez máis importante.

Aquí temos as imaxes:





miércoles, 17 de abril de 2013

Acrosport: imaxes da 4ª sesión

Nesta cuarta sesión de Acrosport tratamos de realizar figuras co portor en banco dorsal ou cuadrupedia invertida con múltiples variantes. 
A parte de mellorar o noso equilibrio e o ton muscular, pretendemos que incidir no traballo en equipos heteroxéneos e na suavidade e control nos descensos e ascensos por enriba do portor.

A partir de agora a figura do axudante faise indispensable para a montaxe de calqueira pirámide.

Tamén deixamos un oco ao final da clase para que @s alumn@s expresen a súa creatividade e imaxinación partindo das posturas traballadas.

Sempre coa ledicia nas nosas caras.


Disfrutade coas imaxes:








lunes, 15 de abril de 2013

Practicando Acrosport...primeiras imaxes!!!

Xa levamos un par de semanas traballando o Acrosport.

Neste tempo, tratamos de coñecer un pouquiño máis o noso corpo a través de distintas figuras e da tensión muscular que elas implican  e logo, realizamos figuras por parellas en equilibrio para tomar conciencia da tensión d@s compañeir@s e de como podemos igualalas.

Agora, na terceira sesión empezamos a realizar as primeiras figuras en ascensión (pirámides).

Todo elo dun xeito moi divertido, cooperativo e seguro (grazas aos axudantes e as zonas de apoio seguro). Aquí tedes as primeiras imaxes:

domingo, 14 de abril de 2013

I Carreira Pedestre Popular do Concello de Oroso

Aquí mostraremos toda a información para apuntarse a Carreira pedestre do concello de Oroso.  

Tod@s @s nen@s de 4º, 5º e 6º que participen nesta carreira recibirán un apuntamento positivo no 3º Trimestre. 

Cabe destacar que para tod@s @s escolares a inscripción é GRATUÍTA e podédelo facer na seguinte ligazón:

http://www.fgatletismo.es/inscripciones/inscripcion_20130427.html

Logo, mirade no cartel de abaixo, en que categoría vos corresponde, a que hora corredes e que distancia  tedes que percorrer, os máis maiores chegarán a correr 2 kilómetros.

Proximamente colgarei no blog unha serie de consellos para afrontar a carreira dun xeito satisfactorio, moitos deles xa os explicamos na clase.

O primeiro que debedes facer é poñer uns tenis e a PRACTICAR!!!
Ao igual que traballamos ao principio de curso, comezade con pequenas distancias ou pequenos tempos mantendo o ritmo e logo ide incrementando esas distancias ou tempos na medida do posible.

Para máis información sobre os itinerarios e demáis:
https://www.concellooroso.com/show_content.php?section=4&subsection=22&content=1826




jueves, 4 de abril de 2013

Recordatorio: Traer calcetíns de reposto

Para a nova actividade que vamos a realizar, o acrosport, é requisito fundamental traer calcetíns de reposto para, ao finalizar a clase, cambiar os calcetíns usados por outros limpos e secos.





lunes, 1 de abril de 2013

Tarefa para subir nota 2 - Os keniatas e un "All Black" en Galicia

Despois dos vídeos mostraranse as instruccións para a realización da tarefa e as cuestións a resolver (que as podedes descargar)

A) Kenia, unha fábrica de campeóns




B) Un "All Black" en Galicia






INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA TAREFA
Xa vos comentei que, a realización desta tarefa é OPCIONAL e que deberá estar debidamente cumprimentada para que poida subir a nota da avaliación.
Os ocos deixados entre as preguntas son suficientes para a contestación das mesmas, co cal, rógovos que sexades claros, breves e directos nas explicacións.
Para entregar o traballo elaborado ao mestre tedes 3 opcións, despois de descargalo:
1-     Unha vez contestado, podedes mandalo  directamente ao meu correo alexvarela4@gmail.com. Cando o reciba, enviareivos un aviso de que xa está entregado. Esta é a máis recomendada, xa que non tedes que imprimir nada, co cal, evitamos gastar papel e tinta.
2-     Unha vez contestado,  podedes imprimilo e darme a tarefa en man.
3-     Imprimilo e logo contestalo á bolígrafo e darme a tarefa en man.



Para descargar este arquivo, só tedes que clicar nesta ligazón de abaixo, e logo, na páxina na que vos sae o arquivo dádeslle a Archivo e ahí clicades en Descargar, e xa está lista para cubrir!:

https://docs.google.com/file/d/0B7l0nay3bqVSZ0VINEJNWHZCckE/edit?usp=sharing


 
Gifs animados