Este blog de Educación Física xurde da idea de medrar, mellorar e compartir, xa que se todos aportamos o noso graíño de area, por moi miúdo que sexa, estaremos cultivando e dignificando a pasión de cada vez máis persoas, e que tamén é a miña profesión, a Educación Física e o Deporte.
Unha vez visto de que vai e cales son os principais obxetivos que perseguimos no Kicking Ball, toca profundizar máis nas súas técnicas/tácticas específicas en función da nosa posición no campo en defensa ou xeitos de pateo e carreira en ataque.
Para desenvolver todo o anterior, comezamos con un conxunto de exercicios específicos sobre a táctica defensiva, onde imos ver sobre todo a transición de balón dende o pateo ata as bases correspondentes:
Logo podemos observar diversos aspectos a mellorar da nosa carreira polas bases:
Por suposto, uns dos posto máis fundamentais deste deporte é o d@ lanzad@r. Por elo, mostramos unha serie de consellos para realizar un lanzamento de xeito máis eficaz:
Por último, centrámonos nunhas das infraccións máis concorridas neste deporte. Explicamos o xeito de que sexa Strike ou Bola:
Este deporte é unha adaptación do Béisbol, moi axeitada para xogar en calqueira espazo, xa que, só temos que ter unha pelota para comezar o partido.
Primeiro falaremos da súa historia, para elo, podemos ver esta presentación que nos explica detalladamente a súa orixe e como se expandiu cara outros países.
Unha vez visto todo o anterior, xa podemos comprender mellor os vídeos que vamos a por a continuación.
Por un lado, veremos o Kicking Ball en Venezuela, onde como podemos ver na súa historia, pasou a ser un deporte únicamente feminino.
Polo outro observaremos o Kickball de Estados Unidos, que é onde tivo orixe este deporte e se practica de xeito mixto, é dicir, mesmo número de mulleres e homes en cada equipo.Os vindeiros videos están en inglés pero sérvennos igualmente para observar cómo se xoga.
Tamén podemos ver campionatos de Kicking Ball en España, concretamente en Tenerife e Madrid:
Aquí, para rematar, veremos cómo grazas ao Kickball se logran relacionar unha gran cantidade de persoas de todo Estados Unidos.
No noso país, apenas temos constancia de ligas de Béisbol ou outras competicións deportivas, relacionadas con este deporte.
Nestes dous vídeos pretendemos mostrar por un lado, a reforma da selección española de Béisbol para recentes campeonatos e, por outro, como se busca a vida un equipo que ten que comezar de novo e todos os atrancos que ten que superar.
Ademáis de coñecer estas interesantísimas historias e de coñecer de primeira mán a repercusión que ten o Béisbol en España, seguro que aprendemos moitos contidos sobre este deporte, disfrutádeos!!!
Informe Robinson, a selección española de Béisbol:
A continuación, mostraremos algunhas series de debuxos animados e películas que nos van a permitir comprender un pouquiño mellor este deporte. Iremos dende debuxos para os máis pequenos ata películas recentes.
Primeiro, veremos a Caillou dando os seus primeiros pasos no Béisbol:
Pocoyó e os seus amig@s, están aprendendo a que deben gardar turnos para batear:
O oso Berni ten serios problemas para poder batear, xa que, emprega unha máquina lanzapelotas que non lle vai a facer moito caso. Estas máquinas empréganas os profesionais para mellorar a técnica de bateo:
Tamén podemos ver a Goofy xogando ao Béisbol:
Logo xa en formato película poido recomendar dúas recentes:
Unha delas, narra a historia dun xerente xeral do equipo, que basándose nun libro chamado "Moneyball" ( igual que a película), pretende revolucionar o mundo do beisbol basándose en estadísticas e fichaxes a coste moi baixo:
Golpe de efecto, conta a historia dun veterano cazatalentos que pretende demostrar que segue tendo un gran criterio para seleccionar bos xogadores de Béisbol:
Todos os textos, imaxes e ligazóns deste blog teñen, exclusivamente, unha intencionalidade didáctica e unha funcionalidade educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos, pode dirixirse ao administrador do blog, Alejandro (Mestre de Educación Física do centro), para solicitar a retirada do material que considere da súa propiedade intelectual. Aínda así lembramos que a maioría d@s alumn@s teñen firmada a autorización no referente á protección de datos e a prestar a súa imaxe para fins didácticos.