Mostrando entradas con la etiqueta Valores no Deporte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Valores no Deporte. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de enero de 2013

Tarefa para subir nota - 11 historias Olímpicas

Este documental conta a historia de 11 medallas españolas acadadas nas Olimpíadas de Londres 2012, pero sobre todo, do esforzo, da ausencia ou escasez de medios, da constancia...

Despois do vídeo mostraranse as instruccións para a realización da tarefa e as cuestións a resolver (que as podedes descargar)




INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA TAREFA
Xa vos comentei que, a realización desta tarefa é OPCIONAL e que deberá estar debidamente cumprimentada para que poida subir a nota da avaliación.
Os ocos deixados entre as preguntas son suficientes para a contestación das mesmas, co cal, rógovos que sexades claros, breves e directos nas explicacións.
Para entregar o traballo elaborado ao mestre tedes 3 opcións, despois de descargalo:

1-      Unha vez contestado, podedes mandalo  directamente ao meu correo alexvarela@edu.xunta.es . Cando o reciba, enviareivos un aviso de que xa está entregado. Esta é a máis recomendada, xa que non tedes que imprimir nada, co cal, evitamos gastar papel e tinta.
2-      Unha vez contestado,  podedes imprimilo e darme a tarefa en man.
3-      Imprimilo e logo contestalo á bolígrafo e darme a tarefa en man.


Sen máis, déixovos as preguntas e tarefas aquí e abaixo as instruccións para descargalo, son moi sinxeliñas.





Para descargar este arquivo, só tedes que clicar nesta ligazón de abaixo, e logo, na páxina na que vos sae o arquivo dádeslle a Archivo e ahí clicades en Descargar, e xa está lista para cubrir!:

https://docs.google.com/file/d/0B7l0nay3bqVSQ0hZWEY0bGpGNzg/edit

domingo, 2 de enero de 2011

A importancia do traballo en equipo

Éste vídeo publicitario móstranos, en clave de rugby, un valor fundamental no deporte, o traballo en equipo. Todo equipo que se aprecie, deberá de sumar os seus esforzos individuais en favor dun obxetivo común a todos.
Como se dí no vídeo cada centrímetro conta e debemos loitar conxuntamente por acadar dito centímetro.
Ademáis amósanos a esencia dun deporte moi descoñecido na nosa sociedade como é o rugby, no cal búscase o esforzo colectivo para que un membro do equipo chegue coa pelota a área de puntuación rival para acadar un ensaio.
Lonxe quedan algunhas das comparacións ou asociacións, inxustas, que se soen facer sobre este deporte que o vinculan con pelexas, golpes brutais ou con sangue...e que moitas veces ensombrecen os valores primarios deste deporte como son: o respeto, a solidariedade, a unión, e a lealtade aos compañeir@s e adversari@s.

Por útimo dicir que, o que se dí, está extraído da película "Un Domingo Cualquiera" e ocorre xusto antes de que os xogadores saian a xogar o partido.

"Xogamos como un equipo ou morremos como individuos".

sábado, 25 de diciembre de 2010

Traballa e esfórzate, con humildade e respeto

Tres iconos españois, Pau Gasol, Rafa Nadal e Andrés Iniesta, móstrannos os derradeiros éxitos dos deportistas españois tratando de inculcar valores como o esforzo, a humildade e o respeto, fundamentais para calqueira persoa e deportista.

Seguramente, estes valores teñan gran parte de "culpa" de que estes tres deportistas chegaran a élite nos seus respectivos deportes.

 
Gifs animados