Mostrando entradas con la etiqueta Xogos Populares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogos Populares. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de marzo de 2013

Qué xogos populares gustan máis?

En Galicia temos moitos xogos populares pero, cales son os preferidos pola súa poboación?
Neste programa fainos un repaso interesantísimo dos dez xogos populares preferidos polos galegos de todas as idades e os  participantes máis maiores cóntannos anécdotas de cómo se xogaba na súa época.

Como curiosidade, as imaxes d@s nen@s xogando no patio que pertencen a alumn@s do IES de Melide, e a algún deles (lémbrome de Elena, Andrés, Marina, Andrea, María e algún máis por ahí) dinlle clase no CEIP Martagona!! Alegreime moito de velos ben e que sigan practicando todo tipo de xogos populares.

Sen máis, podedes ver o top 10 de xogos populares a continuación:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/xogos-populares

viernes, 15 de abril de 2011

Ficha dos xogos populares e tradicionais galegos

Como parte do traballo da unidade didáctica adicada a 2º Ciclo: "Os xogos dos meus avós e avoas" cada alumn@ deberá completar a ficha que xa foi entregada.

Por se alguén a perdeu ou prefire volver a realizala de novo, adxúntovos a ficha, para que a poidades descargar ou imprimir. Con eles faremos un recopilatorio de xogos populares e tradicionais que se practicaban na zona de Trives e que posteriormente colgaremos neste blog.

Lembrádevos de pintar os debuxos para que queden máis bonitos.

Ficha de Xogos Populares Galegos

lunes, 31 de enero de 2011

Creamos zonas de Xogos Populares

Tendo en conta o gran espazo que dispoñemos no noso colexio, dende a área de Educación Física decidiuse realizar diversas zonas de Xogo Popular co fín de que, @s nen@s, poidan realizar outras actividades distintas, das que están acostumados a facer.
Para a realización destas zonas colaboraron divers@s nen@s do colexio, a directora María, Belén (empregada do concello), substitutos como Lidia e Belén e Álex (o mestre de Educación Física).

Só nos queda agora, elaborar as fichas coas normas, materiais e demáis dos xogos e colgar estes documentos no blog.
 
Gifs animados