Este blog de Educación Física xurde da idea de medrar, mellorar e compartir, xa que se todos aportamos o noso graíño de area, por moi miúdo que sexa, estaremos cultivando e dignificando a pasión de cada vez máis persoas, e que tamén é a miña profesión, a Educación Física e o Deporte.
Este sábado 16 de Marzo ás 18:00 horas, a selección española de Rugby xogará contra Portugal no estadio de San Lázaro. O partido é o último da primeira volta da Copa de Europa de Nacións ou Torneo VI de Nacións B.
Haberá un montón de actividades previas nos arredores do lugar, para máis información, clicade na imaxe:
O Floorball ou tamén chamado Unihockei é un deporte semellante ao que tod@s recoñecemos como Hockei. Primeiramente observaremos un vídeo para entender un pouquiño mellor este deporte:
Que diferencias observades co Hockei?
Pois, a simple vista observamos que non levamos patíns, ademáis o stick e a pelota son de plástico e xógase con 5 xogadores de campo e un porteiro, que neste deporte non leva stick.
Agora centrarémonos un pouquiño máis nas súas normas, para elo, podedes ver o seguinte arquivo:
Este documental conta a historia de 11 medallas españolas acadadas nas Olimpíadas de Londres 2012, pero sobre todo, do esforzo, da ausencia ou escasez de medios, da constancia...
Despois do vídeo mostraranse as instruccións para a realización da tarefa e as cuestións a resolver (que as podedes descargar)
INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA TAREFA
Xa vos comentei que, a realización desta tarefa é OPCIONAL e que deberá
estar debidamente cumprimentada para que poida subir a nota da avaliación.
Os ocos deixados entre as preguntas son suficientes para a contestación das
mesmas, co cal, rógovos que sexades claros, breves e directos nas explicacións.
Para entregar o traballo elaborado ao mestre tedes 3 opcións, despois de descargalo:
1-Unha vez contestado, podedes mandalo directamente ao meu correo alexvarela@edu.xunta.es .
Cando o reciba, enviareivos un aviso de que xa está entregado. Esta é a máis recomendada, xa que non
tedes que imprimir nada, co cal, evitamos gastar papel e tinta.
2-Unha vez contestado, podedes imprimilo e darme a tarefa en man.
3-Imprimilo e logo contestalo á bolígrafo e darme
a tarefa en man.
Sen máis, déixovos as preguntas e tarefas aquí e abaixo as instruccións para descargalo, son moi sinxeliñas.
Para descargar este arquivo, só tedes que clicar nesta ligazón de abaixo, e logo, na páxina na que vos sae o arquivo dádeslle a Archivo e ahí clicades en Descargar, e xa está lista para cubrir!:
Hoxe é un gran día para o deporte español, os mellores 24 equipos do mundo cítanse en España para tratar de acadar o mundial. Se queredes ver a maioría dos partidos en directo, podedes clicar no seguinte enlace:
Como habilidades básicas con balón no rugby podemos enumerar: o pase e recepción de balón e a conducción.
Primeiro centrarémonos na conducción da pelota con ambas máns. Como o obxetivo de conducir a pelota, en primeiro termo, debe ser avanzar para acadar un ensaio, trataremos de levar a pelota agarrada de xeito vertical (é dicir, coas puntas do balón cara arriba e abaixo). Agora observaremos qué sucede cando un xogador conduce a pelota e se atopa con obstáculo/defensor que lle impide o paso:
1- Levan o balón conducido ata que un xogador rival lle impide continuar, a solución que aportan é realizar un pase a un compañeiro sempre cara atrás:
2-Tamén podemos intentar fintar e amagar tratando de enganar aos defensores:
Agora falaremos do pase, aquí explícasenos como debemos de pasar e recepcionar a pelota:
Aquí temos unhas instruccións da FER (Federación Española de Rugby) como debemos poñer o corpo, brazos, pernas e demáis tanto na recepción coma no pase:
Aquí temos exemplos de exercicios que podemos realizar para mellorar o pase:
A curta distancia, en situación de superioridade 4 contra 3:
Próximamente comezaremos a traballar o Rugby no colexio dun xeito adaptado.
O Touch Rubgy e o Tag Rugby son dúas modalidades ou adaptacións do Rugby, que básicamente consisten en minimizar o contacto entre atacantes e defensores, limitandoo, no caso do Touch, a un simple contacto co adversario e no caso do Tag, a agarrar unha cinta colgada da cintura. Co cal, cada vez que esto suceda quedarannos menos tentativas (temos como máximo 6 tentativas) para acadar un ensaio.
No noso caso, o que vamos a practicar maiormente é o Touch Rugby aínda que as normas básicas apenas varían. Estas son as normas dictadas pola FER(Federación Española de Rugby) para o Tag Rugby aínda que son prácticamente todas válidas tamén para o Touch:
Aquí temos un vídeo coa regulamento básico do Touch Rugby:
Aínda que este próximo video está en inglés, sérvenos para asimilar cómo nos temos que colocar no campo,os movementos dos xogadores e as dimensións do campo.
Agora, nesta segunda parte do vídeo centrarémonos no comezo do xogo, como se anota e como se continua o xogo:
Aquí tamén temos un vídeo subtitulado ao castelán dos aspéctos básicos da posesión e como facer un Touch :
Continuamos coa cuarta parte na que se nos explica as habilidades básicas do xogador de Touch, o pase, como comezar despois dunha infracción (Tap) e despois dun Touch (Rollball):
Por último desta serie de vídeos, podemos ver como se realizan os cambios de posesión, as principais infraccións e penaltis:
No seguinte, uns xogadores de Touch Rugby de Valencia dan o seu punto de vista sobre o xogo:
Compre darse conta dunha das máximas deste deporte, os 6 intentos para chegar a zona de ensaio (Try Zone). Se nos tocan 6 veces haberá cambio de posesión (Turnover):
Entre a diversidade de aspectos específicos do balonmán vamos a mencionar:
realización dunha boa defensa, capacidades que debemos de ter en cada posición do campo, as características do porteiro, cómo tirar un penalti, xogadas onde se traballan habilidades moi específicas (fintas con salto, bote....) e por último, veremos un par de vídeos sobre exemplos de exercicios para mellorar as nosas habilidades no balonmán e un partido completo da selección española.
1-como podemos realizar unha boa defensa?onde podemos colocar os brazos?:
2-que capacidades debemos de ter en función do posto que ocupamos no campo?(non vos soa ao que falamos no primeiro trimestre das Capacidades Físicas Básicas: Resistencia, velocidade, forza e flexibilidade?):
3- características que debe ter un porteiro en balonmán:
4- como tirar un penalti? (lembrádevos de que tendes 3 segundos para lanzar e que o porteiro se pode achegar dende a portería ata 4 metros máis para dificultarvos o lanzamento.) :
5- xogadas de balonmán con habilidades específicas:
6- actividades coas que podemos mellorar as nosas habilidades no balonmán, e polo tanto, a coordinación óculo manual:
7- por último, clicando neste enlace poderemos ver un partido da selección española de balonmán e na mesma páxina haberá moitos partidos máis para visualizar cando queirades:
Todos os textos, imaxes e ligazóns deste blog teñen, exclusivamente, unha intencionalidade didáctica e unha funcionalidade educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos, pode dirixirse ao administrador do blog, Alejandro (Mestre de Educación Física do centro), para solicitar a retirada do material que considere da súa propiedade intelectual. Aínda así lembramos que a maioría d@s alumn@s teñen firmada a autorización no referente á protección de datos e a prestar a súa imaxe para fins didácticos.