Este blog de Educación Física xurde da idea de medrar, mellorar e compartir, xa que se todos aportamos o noso graíño de area, por moi miúdo que sexa, estaremos cultivando e dignificando a pasión de cada vez máis persoas, e que tamén é a miña profesión, a Educación Física e o Deporte.
Grazas ao curso que estou a realizar "as TIC na Educación Física 2015" quero mostrarvos algunha das app para android coas que podemos distintos tipos de exercicios. Comezamos a analizalos:
7 Minute Workout: App básica que consta de 12 exercicios, 7 minutos e como materiais precisades unha parede, unha silla e o teu propio corpo. Pódese configurar para facer máis repeticións, ter máis tempo de descanso ou facer que a conta atrás entre un e outro exercicios sexa menor ou maior.
Sworkit Lite Entrenador: App moi completa cunha infinidade de exercicios divididos en 4 modalidades: Forza, Ioga, Aeróbico e Estiramentos e que se mostran con vídeos ao tempo que se realiza a actividade. As rutinas son totalmente configurables en tempos de execución e en total de actividade, zonas corporais, e unha vantaxe a destacar é que non se precisa ningún tipo de material para a súa execución.
Gym: Ejercicios & Rutinas: App deseñada para planificar os teus adestramentos de ximnasio a través de 25 rutinas. É moi didáctico á hora de explicar que músculos se traballan en cada exercicio a través de imaxes, animacións e vídeos. Tamén deixa anotar as túas experiencias en cada exercicio.
Ata aquí a análise, espero próximamente facer o mesmo con aplicacións referentes á "Educación para a Saúde".
Dende xa hai unha tempada debido a un curso que realicei sobre Ardora, un programa capaz de deseñar unha enorme cantidade de actividades didácticas, @s titores decidiron poñer esos recursos en Abalar.
Tamén os podedes ver á vosa dereita estes recursos por separado con so clicar neles!
Clicade na seguinte ligazón para acceder aos meus recursos en Abalar:
O blogue tomarase un tempo para crear contidos novos e deseñar actividades.
Ademáis disto, o cambio de colexio e as súas circunstancias fan máis complicada a tarefa de manter este blogue activo.
Sentimos as molestias e esperamos volver o antes posible!!
Antes de despedirme, quixera mandar a ligazón do meu novo colexio, o CRA de Rianxo:
Despois deste venres tan emotivo déixovos estas fotos que saquei con algúns de vos, se tendes algunha máis que queirades mostrar, por favor, pasádema ao meu correo ( alexvarela4@gmail.com ), e engádoa a esta entrada.
Lémbrovos que para subir estas fotos a redes socias debedes ter a idade pertinente (cousa que non tendes)e que de publicalas, sodes responsables das molestias que poidades causar.
O curso está a piques de chegar ao seu fin, e como recompensa por todo o esforzo realizado, aquí tendes un pequeno regaliño que realicei con todo o meu cariño para vós.
Consiste nunha recopilación de imaxes e momentos que vivimos xuntos en Educación Física este marabilloso ano.
Espero que vos guste!!!
Podedes descargar o vídeo cunha mellor calidade na seguinte ligazón:
Este deporte é unha adaptación do Béisbol, moi axeitada para xogar en calqueira espazo, xa que, só temos que ter unha pelota para comezar o partido.
Primeiro falaremos da súa historia, para elo, podemos ver esta presentación que nos explica detalladamente a súa orixe e como se expandiu cara outros países.
Unha vez visto todo o anterior, xa podemos comprender mellor os vídeos que vamos a por a continuación.
Por un lado, veremos o Kicking Ball en Venezuela, onde como podemos ver na súa historia, pasou a ser un deporte únicamente feminino.
Polo outro observaremos o Kickball de Estados Unidos, que é onde tivo orixe este deporte e se practica de xeito mixto, é dicir, mesmo número de mulleres e homes en cada equipo.Os vindeiros videos están en inglés pero sérvennos igualmente para observar cómo se xoga.
Tamén podemos ver campionatos de Kicking Ball en España, concretamente en Tenerife e Madrid:
Aquí, para rematar, veremos cómo grazas ao Kickball se logran relacionar unha gran cantidade de persoas de todo Estados Unidos.
No noso país, apenas temos constancia de ligas de Béisbol ou outras competicións deportivas, relacionadas con este deporte.
Nestes dous vídeos pretendemos mostrar por un lado, a reforma da selección española de Béisbol para recentes campeonatos e, por outro, como se busca a vida un equipo que ten que comezar de novo e todos os atrancos que ten que superar.
Ademáis de coñecer estas interesantísimas historias e de coñecer de primeira mán a repercusión que ten o Béisbol en España, seguro que aprendemos moitos contidos sobre este deporte, disfrutádeos!!!
Informe Robinson, a selección española de Béisbol:
Todos os textos, imaxes e ligazóns deste blog teñen, exclusivamente, unha intencionalidade didáctica e unha funcionalidade educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos, pode dirixirse ao administrador do blog, Alejandro (Mestre de Educación Física do centro), para solicitar a retirada do material que considere da súa propiedade intelectual. Aínda así lembramos que a maioría d@s alumn@s teñen firmada a autorización no referente á protección de datos e a prestar a súa imaxe para fins didácticos.