lunes, 30 de marzo de 2020

2ª Sesión de Acrosport en colaboración co Concello de Ordes

Xa comezamos a definir a figura do portor e o áxil dentro da figura partido da cuadrupedia como base:

ConFITnamento - Adestramento Funcional

Aquí podemos ver sesións de Adestramento Funcional realizadas polo persoal de Centro de Terapias Sanjurjo, como parte do proxecto do Concello de Ordes, "ConFITnamento":

Sesión 1: https://vimeo.com/400725882/451ea5eb2e

Sesión 2: https://vimeo.com/402365123/d558f00077

Sesión 3: 
Sesión 4: https://vimeo.com/404747564/ec49ba69f5
Sesión 5:
Sesión 6: https://vimeo.com/407311071/23e703eddd
Sesión 7: https://vimeo.com/400575421/ca8e068ad8
Sesión 8: https://vimeo.com/410767047/28fee1a78a
Sesión 9:
Sesión 10: https://vimeo.com/413335122/11935de386
Sesión 11:
Sesión 12:
Sesión 13:
Sesión 14:
Sesión 15: https://vimeo.com/415630625/19f460e13a


jueves, 26 de marzo de 2020

A Oca de Educación Física en familia

Aquí temos dous xogos de Oca para Educación Física, podedes escoller entre 1 curto e 1 longo!
Xa que non tod@s temos impresora na casa, podemos debuxar á nosa maneira a oca, poñer o número de casiñas que corresponda en cada circuíto e descargar a información das normas e os exercicios a realizar en cada casiña.

Circuíto curto - 2 páxinas

Circuíto longo - 6 páxinas

1ª Sesión de Acrosport en colaboración co Concello de Ordes

Co gallo do confinamento, dende o Concello de Ordes lanzouse unha proposta a diversos profesionales da actividade física, entre eles eu, para desenvolver unha serie de contidos (pilates, Cardio, estiramentos, adestramento funcional...) ao longo das semanas que imos a estar na casa. Ao programa chamámoslle conFITamento! Aquí tendes a primeira das sesións!

https://vimeo.com/400574618/b4e4555fa3


jueves, 6 de junio de 2019

O Kin Ball

Este deporte tan atractivo é dos únicos nos que participan 3 equipos activamente. Podemos ver agora as súas normas e disposicións básicas nestes 2 vídeos:






Ademais temos aquí unhas explicacións en inglés que nos axudan a comprender mellor este deporte:




Agora, imos a ver un partido oficial entre 3 seleccións para que vexades os principais movementos no campo de xogo e o sistema de puntuación:



Por último, ofrecemos unha chea de exercicios para poder mellorar nesta disciplina deportiva:


martes, 6 de marzo de 2018

O Kicking Ball: aspectos específicos

Unha vez visto de que vai e cales son os principais obxetivos que perseguimos no Kicking Ball, toca profundizar máis nas súas técnicas/tácticas específicas en función da nosa posición no campo en defensa ou xeitos de pateo e carreira en ataque.

Para desenvolver todo o anterior, comezamos con un conxunto de exercicios específicos sobre a táctica defensiva, onde imos ver sobre todo a transición de balón dende o pateo ata as bases correspondentes:



Logo podemos observar diversos aspectos a mellorar da nosa carreira polas bases:



Por suposto, uns dos posto máis fundamentais deste deporte é  o d@ lanzad@r. Por elo, mostramos unha serie de consellos para realizar un lanzamento de xeito máis eficaz:



Por último, centrámonos nunhas das infraccións máis concorridas neste deporte. Explicamos o xeito de que sexa Strike ou Bola:


domingo, 18 de febrero de 2018

Relatorios sobre alimentación e saúde

Na era na que vivimos da información ao instante e a innovación en todos os eidos, é posible que poidamos alimentarnos peor que os nosos antepasados?

Aquí vos mostramos unha serie de relatorios de TED Talks nos que analizan estas e outras cuestións (coma o marketing na alimentación ou a compatibilidade dos produtos que se ofertan nos supermercados coa nosa demanda natural de nutrientes), que dan para innumerables discusións e charlas pero agardo, que tamén sexan un punto de partida para o cambio de mentalidade con respecto e unha visión máis crítica cara a alimentación, hábitos saudables...




 
Gifs animados