Este blog de Educación Física xurde da idea de medrar, mellorar e compartir, xa que se todos aportamos o noso graíño de area, por moi miúdo que sexa, estaremos cultivando e dignificando a pasión de cada vez máis persoas, e que tamén é a miña profesión, a Educación Física e o Deporte.
Con estes 5 vídeos que vamos a presentar, mostrarei os aspectos básicos do Bádminton dun xeito moi didáctico e visual.
No primeiro deles, explícase o equipamento básico (raqueta e volante), dimensións do terreo de xogo e a puntuación.
O segundo apórtanos cal é o xeito apropiado de agarrar a raqueta e como nos debemos posicionar e movernos polo campo de xogo.
No terceiro, coñeceremos visualmente como se realiza un saque e cales son os principais golpeos (clear, drop, lob, drop net, smach) e as súas finalidades (ofensiva e/ou defensiva).
No cuarto observamos as conductas a seguir para realizar un bo golpeo.
Con esto agora so queda, PRACTICALO! pois entón, vexamos un partido de Bádminton, correspondente á final do Open de Xapón no 2010 no que se enfrontaron Lee Chong Wei e Lin Dan.
Todos os textos, imaxes e ligazóns deste blog teñen, exclusivamente, unha intencionalidade didáctica e unha funcionalidade educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos, pode dirixirse ao administrador do blog, Alejandro (Mestre de Educación Física do centro), para solicitar a retirada do material que considere da súa propiedade intelectual. Aínda así lembramos que a maioría d@s alumn@s teñen firmada a autorización no referente á protección de datos e a prestar a súa imaxe para fins didácticos.
0 comentarios:
Publicar un comentario