Este blog de Educación Física xurde da idea de medrar, mellorar e compartir, xa que se todos aportamos o noso graíño de area, por moi miúdo que sexa, estaremos cultivando e dignificando a pasión de cada vez máis persoas, e que tamén é a miña profesión, a Educación Física e o Deporte.
Dentro do atletismo, existe unha modalidade chamada salto de altura, pero primeiro:
¿que é o salto de altura? vexamos este vídeo:
Agora que xa o identificamos, vamos a coñecer a súa historia:
O salto de altura foi evolucionando ao longo do tempo. Neste seguinte video demóstrase a súa progresión na técnica, dende os seus comezos onde se realizaba a técnica de salto "high jump" ata que en 1968, Dick Fosbury se atreveu a saltar de espaldas coa técnica que leva o seu nome "salto Fosbury" que aínda é empregada na actualidade e coa que se acadaron as maiores marcas nesta especialidade deportiva:
Agora centrarémonos na iniciación á didáctica da súa técnica, polo tanto temos que falar de que o salto de altura ten 4 fases diferenciadas: a fase de carreira de impulso, o despegue, fase aérea e a caída.Observade:
A continuación mostraremos unha serie de exercicios de familiarización e asimilación con cada unha destas partes, que realizaremos probablemente nas nosas clases:
Asimilación da carreira de impulso:
Exercicios para a asimilación do despegue e con xiro:
Todos os textos, imaxes e ligazóns deste blog teñen, exclusivamente, unha intencionalidade didáctica e unha funcionalidade educativa. Se algunha persoa ou institución considera que se vulneran os seus dereitos, pode dirixirse ao administrador do blog, Alejandro (Mestre de Educación Física do centro), para solicitar a retirada do material que considere da súa propiedade intelectual. Aínda así lembramos que a maioría d@s alumn@s teñen firmada a autorización no referente á protección de datos e a prestar a súa imaxe para fins didácticos.
0 comentarios:
Publicar un comentario