martes, 3 de abril de 2012

Atletismo: as carreiras de velocidade

Sempre que pensamos no atletismo, unha das probas que temos en mente son as carreiras de velocidade. Podemos definir as carreiras de velocidade cómo unha competición de carreira dunha determinada distancia entre varios atletas co obxetivo de chegar, no menor tempo posible, antes á meta.

Coma sempre comezaremos a describir e explicar este deporte narrando a súa evolución dende a súa orixe ata os nosos días, para elo valerémonos dos seguintes vídeos:








Hay diversas probas cando estamos a falar de carreiras de velocidade. As que están oficialmente nas Olimpíadas son:

  • Os 100 metros lisos: é a competición raíña e percórrense os 100 m. en liña recta ata a meta.
  • Os 200 metros lisos: comézase a proba percorrendo unha curva para acabar en liña recta ata a meta.
  • Os 400 metros lisos: trátase de correr unha volta enteira á pista de atletismo. 
Nestas modalidades, os participantes deberán correr por unha calle asignada previamente e sen invadir as dos seus competidores.


     Unha vez explicado que son as carreiras de velocidade, centrarémonos nos seus aspectos técnicos básicos.

    • O primeiro que resaltaremos será a saída de tacos, na que podemos observar 3 fases diferenciadas:

    Aos seus postos!




    Listos!




    Xa! (impulso)




    • Unha vez realizada a saída de tacos e a posterior aceleración, o participante terá que tratar de chegar á velocidade máxima a través dunha coordinada e ampla zancada, que consta dunha fase aérea e outra de impulso-apoio. Para mellorar na zancada en carreira poderemos realizar os seguintes exercicios:





      • E xa para finalizar a carreira temos a chegada á meta, para elo, inclinaremos o noso tronco, levando os brazos cara atrás e estirando o pescozo:





      Para rematar con esta explicación das carreiras de velocidade, non debemos de esquecernos de Usain Bolt, o home máis rápido do mundo que dende 2008 acadou 6 récords mundias de velocidade e esperemos que nas Olimpíadas de Londres 2012 consiga mellorar as súas marcas.

      0 comentarios:

      Publicar un comentario

       
      Gifs animados