lunes, 31 de diciembre de 2012

O balonmán: habilidades técnicas

Nesta entrada pretendemos facer fincapé nas habilidades técnicas básicas do balonmán que son:
 o bote de balón, o pase e recepción e o lanzamento a portería.
Estas habilidades son fundamentais para un correcto desempeño deste deporte, xa que, sen unha destreza mínima de cada unha delas, dificilmente poderemos levar a cabo un partido de balonmán.

  • Comezamos cun vídeo sobre as posibilidades do bote en balonmán, na clase mencionamos que:
  1.  deberiamos de botar a altura da cintura e, 
  2. que trataremos de levantar a vista mentras botamos para saber onde están @s compañeir@s e @s rivais:


  • Agora centrarémonos nos pases e recepcións, como xa dixemos nas clases:
  1. sempre debemos ter como referencia a zona entre a cadeira ata o tórax para que @ compañeir@ poida recepcionar a pelota sen problemas.
  2. a forza, a precisión e o movemento d@s compañeir@s son aspectos fundamentais á hora de realizar un pase.
Vexamos agora os tipos de pases (centrámonos no pase de peito e o picado) e os erros máis comúns:






No seguinte video propoñemos consellos para unha correcta recepción:




  • E por último, os lanzamentos a portería:
1-Tipos de lanzamentos (centrámonos en lanzamento en suspensión co brazo nun ángulo de 90 graos):


              

2- Lanzamentos dende distintas posicións (lembrádevos de dar ata 3 pasos sen botar a pelota, se dades máis pasos, serían PASOS, e o balón pasa para o equipo rival):

http://youtu.be/1joPbWIa1CE 

 Con todo o que vimos nesta entrada, agora só nos queda, PRACTICALO!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Gifs animados