sábado, 20 de abril de 2013

Consellos para as carreiras pedestres

Xa que para a semana é a carreira pedestre en Sigüeiro, e moitos de vos xa me dixéchedes que estabades anotados, pretendo amosarvos unha serie de consellos para realizar dun xeito satisfactorio a carreira e sobre todo, para disfrutala. Dividirei estos consellos en antes da carreira, durante e despois da mesma.


  • ANTES DA CARREIRA:
-O primeiro antes de nada é estar ben de saúde, e con esto referímonos a non ter ningunha lesión, doenza ou incluso enfermidade,xa que, se pretendemos realizar a carreira con algún destes problemas o único que faremos será perxudicar as nosas doenzas e polo tanto, non poderemos facer a carreira dun xeito correcto.

-Con uns tenis (que non sexan novos, nin a estrear), un pantalón curto e unha camiseta transpirable (coma a de un equipo de fútbol, por exemplo) é suficiente para poder correr, eso sí, no quencemento recomendamos poñer unha sudadeira para poder "entrar en calor" axeitadamente. Sería importante tamén levar mudas por se suamos e temos que esperar moito tempo a entrega de premios ou fai moito frío ese día.

-Se non estades acostumados a realizar unha actividade física habitual, o lóxico sería adestrar antes da carreira. Dependendo do tempo que teñades, o importante é practicar carreiras na que poidades manter o ritmo, unha vez identificado o voso ritmo, podedes comezar a aumentar o tempo da carreira ou ben a distancia da mesma. Non pretendades facer todo nun día, o corpo acostúmase mellor aos esforzos cando os facemos dun xeito continuado e progresivo no tempo. Esto xa o vimos a comezo de curso nas nosas clases.

-Durante estes adestramentos recomendamos antes, durante e despois inxerir auga nunha cantidade necesaria, sen encher o estómago.

  •  O DÍA DA CARREIRA E DURANTE A CARREIRA:
-Xa que é unha carreira de tarde, é importante comer ao mediodia de xeito saudable, é dicir, aportar unha boa cantidade de nutrientes en razonables cantidades de comida; se comemos demasiado o único que conseguiremos e ter sensacións de mareo e nauseas na carreira. Un exemplo: un plato de pasta cunha pequena peituga de polo e de postre un plátano ou iogur natural, apórtanos moita enerxía (polos hidratos de carbono) e nutrientes necesarios para realizar a carreira sen problemas.

-Realizar un quencemento semellante ao que facemos nas nosas clases, polo menos 15-20 minutos antes da carreira, non podemos comezar a correr en frío.

- Xa na carreira, o importante é participar, o reto é rematar a carreira, non gañala. Moita xente participa e non todos poden gañala, temos que aceptalo como parte da proba.

- Na saída non podemos saír moi forte ou rápido, senón non poderemos aguantar o ritmo, e aos 2 minutos non seremos capaces de respirar, nin continuar correndo. Trataremos de manter o ritmo durante a carreira e se nos notamos moi cansos ou que non somos capaces de respirar axeitadamente, baixamos a intensidade e continuamos ata o final.


  • AO FINALIZAR A CARREIRA:
-Se podemos ducharnos e mudarnos de roupa mellor, pero senon abrigarnos debidamente.

-Estirar como fixemos na clase, unha vez recuperada a respiración normal do noso corpo, para evitar as tan temidas maniotas (agujetas en castelán).

Mirade o enlace para os estiramentos despois de correr:

http://www.foroatletismo.com/estiramientos/los-7-estiramientos-imprescindibles-despues-de-correr/

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Quedaste en muy buena posición en la carrera pedestre...... Como se nota q eres profe d EF jajajaja

Publicar un comentario

 
Gifs animados